POSESIÓN
PRÁ Á HABANA!
Le venden todas sus pertenencias, lo desposeen de todo, entre outras cosas del carro.
I
Venderonll'os bois,
Venderonll'as
vacas,
O pote
d'o caldo
Y á manta
d'a cama.
Venderonll'ó carro
Y as
leiras que tiña,
Deixárono
soyo
C'o á
roupa vestida.
—María, eu son mozo,
Pedir non
m'é dado,
Eu vou
pó-Io mundo
Pra ver
de ganalo.
Galicia está probe,
Y á
Habana me vou...
¡Adios,
adios, prendas
D'o meu
corazon!
II
Cando ninguen os mira
Vénse
rostros nubrados e sombrisos,
Homes
qu'erran cal sombras volte antes
Por
veigas e campíos.
Un, enriva d'un cómaro
Séntase
caviloso e pensativo,
Outro, ó
pe d'un carballo, queda imóvil,
C'o á
vista levantada hácia ó infinito.
Algun cabo d'a fronte recrinado
Parés
qu'escoita atento o murmurio
D'augua
que cai, e eisala xordamente
Tristísimos
sospiros.
¡Van á deixá-I-a patria!...
Forzoso,
mais supremo sacrificio.
A miseria
está negra en torno d'eles
¡Ay! ¡y
adiant'está o abismo!...
III
O mar castiga bravamente as penas,
E
contr'as bandas d'o vapor se rompen
As irritadas
ondas
D'o
cántabro salobre.
Chilan as gaviotas
¡Alá lonxe!...
¡moy lonxe!,
N'a
pràcida riveira solitaria
Que
convida ô descanso y ôs amores.
De humanos séres á compauta linea
Que brila
ô sol, adiántase e retórcese,
Mais
preto, e lentamente as curvas sigue
D'o
murallon antigo d'o Parrote.
O corazon apertase d'angustia,
Óyense
risas, xuramentos
s'oyen,
Y as
brasfemias s'untan
c'os sospiros...
¿Onde van
eses homes?
Dentro d'un mes n'o simiterio imenso
D'a
Habana, ou n'os seus bosques,
Ide á ver
que foy d'eles...
¡N'o
etern'olvido para sempre dormen!...
¡Probes
nais que os criaron,
Y as que
os agardan amorosas, probes!
IV
—Animo, compañeiros,
Tod'â
terra é d'os homes.
Aquel que
non veu nunca mais que a propria
A iñorancia ó consome
¡Animo! á quen se muda Dio-l-o axuda
¡E anque
ora vamos de Galicia lonxe
Verés dês
que tornemos
O que
medrano os robres!
Mañan é o
dia grande ¡â mar amigos!
¡Mañan,
Dios nos acoche!
¡N'o sembrante á alegría,
N'o
corazon o esforzo
Y a
campana armoniosa d'a esperanza,
Lonxe,
tocando á morto!
V
Este vaise y aquel vaise
E todos,
todos se van,
Galicia,
sin homes quedas
Que te
poidan traballar.
Tes en
cambio orfos e orfas
E campos
de soledad,
E nais
que non teñen fillos
E fillos
que non tên pais.
E tês
corazons que sufren
Longas
ausencias mortás,
Viudas de
vivos e mortos
Que
ninguen consolará.
Follas
Novas, As viúdas dos vivos e das viúdas dos mortos