EL CARRO Y LA LITERATURA
Se queres que o carro cante, bótalle o eixe de freixo; se queres que o amor che veña, dálle talladas de queixo. Popular (Melide) |
|
(...) Facer as cousas chámase carpenta. O carpenteiro fai a roda, que é unha cousa redonda moi semellante ó sol. O sol é un carro cunha lápara enorme que fai medrar madeira. Carballo quere sol pra ter a cerna dura e moita con que facer a roda. O carro do sol ninguén o fixo. Ninguén anda tampouco os seus camiños. Pero nosoutros temos outros camiños e carrexamos cousas. Os carpenteiros fan o carro con cerna de carballo, e as rodas durísimas abren rodeiras na pedra do chan que se chama carreira. Agora hai aguilladas pra afalar os cabalos e os bois que tiran polo noso carro. Unha aguillada boa faise de esterpe ben dereito, pero o carro mellor é o de carballo, que ten máis lei e non caduca, (...) Darío Xohán Cabana, “Carballo” en Cabalgada na brétema |