EL CARRO Y LA GALLEGUIDAD

 

Cando pisou a terra do camiño labrego, as rodeiras dos carros déronlle unha seguridade que non atopaba nos asfaltos brillantes de Europa.

Ramón Otero Pedrayo, Arredor de si.

 

 

 

Lévame, meu carro, leva,

pola meiga terra nosa

que a miña alma saudosa

lonxe dela non se afai.

¡Lévame por onde escoite

a fala doce e sentida

antre bicos deprendida

no colo de miña nai!

 

¡Roda polos nosos eidos!

Anque hai lama no camiño

¡é a túa terra, meu carriño,

e a terra de meus avós!

Ramón Cabanillas, “Meu carriño”