ABUNDANCIA PARA EL SEÑORÍO
O MES máis cruel non é o de abril.
El carro transportando las rentas para que los hidalgos puedan celebrar sus tertulias.
O MES máis cruel non é o de
abril. 
Setembro é triste antes do
outono. Os carros
cantaban polas corredoiras
maravillosamente.
Carrexaban o pan
cara ás granívoras tullas
dos señores da terra
en concepto de foro ou
alugueiro
de terça ou quarta do que deus
í der,
ou de renda sabida
non embargante grando nen
geada,
que deveredes dar en paz e
en salvo
por día de san Miguel de
setembro.
Ei, vacas, ei.
Trece fanegas de centeo
e tres e media de trigo
pola medida de Vilalba
tampouco non son tanto se
non hai lama nas rodeiras.
Xa folgaredes estes días,
cando labremos pra outonar
a renda
do ano que vén. Ei, vacas
ei.
Maravillosamente
cantaba o carro cara 6
Carregal,
e Xan de Cabana competía
co eixe de freixo sonoroso
e coas imprevisoras
carricantas:
Teño un
carriño cantor,
teño un
carro cantareiro.
Así cantaría, digo eu,
Xan de Cabana, bon labrego,
mentres contribuía
alegremente
a establecer a base
material
que nas sobremesas da
invernía
permitiría que se
celebrasen
as cultas conversas de
fidalgos
tan ben descritas por don
Ánxel Fole.
prá miña estirpe
Cabalgada na brétema