ANEXOS
|
|
Quero unha aguillada que seña un
tesouro,
que non teña
falta dende a punta ó cabo,
feita dun
caxoto de carballo mouro
criado entre
silvas nun terreo escravo.
No forno
escocida i escarapelada,
de freba moi
limpa, dereita, sin nós.
Pulida e
xeitosa. Quero unha aguillada
das millor
feitiñas que puido dar Dios.
Xosé Crecente
Vega
|
|
O ARADO
¡Canto traballa
o arado
e nunca está
cansado!
Anque a terra
ten que abrir
procura non a
ferir.
¡Ara na alma,
nos leiros,
nos nosos soños
valeiros!
A voz do amo
manda:
-¡Ei, boi, anda...!
Manuel
María, Terra Chá |
|
