EL CARRO Y LA ALDEA


EUXENIO MONTES

TORNAN AS VACAS PRA A ALDEA

Regreso al establo de las vacas al final del día. Escena costumbrista con algunas imágenes nuevas y alguns elementos vanguardistas. Descanso merecido después del trabajo y la manutención.


TORNAN AS vacas pra a aldea;
vacas roxas, vacas mouras,

vacas de coor marela.


Foi avisarlle un luceiro:
"¡a teixa noite está preta!"
Lembráronse do cortello lonxano,
tamén da herba
que escoa o suor do corpo,
loira cabeleira dunha Madalena.


Tornan as vacas pra a aldea,
vacas roxas, vacas mouras,
vacas de coor marela
.


Como no San Xuán as mozas,
con cereíxas nas orellas,
asina elas van con follas
encol do pescozo e testa.
Tódalas folliñas bican,
do
cemente, a súa pel tépeda.
S
i quixeran voar poderían
pois
no mesmo lombo dúas azas levan;
m
ais prefiren voltar paseniño
depinicando nas froles das beiras
hastra que os zagales lles berren
:
"Ei, vacas, seique non tendes presa".


Tornan a
s vacas pra a aldea;
vacas roxa
s, vacas mouras,
vacas de
coor marela.


Un ins
tante se pararon
a carón dun
ha figueira;
t
ódolos figos bulían,
s
onaxas dunha pandeira,
p
orque o vento os abaneaba
c
omo campanas nas festas;
en
tón os cornos das vacas
¡
cómo tremaban de invexa!
p
onlas que non paren froitos
ni
n coñecen primaveira.


T
ornan as vacas pra a aldea;
va
cas roxas, vacas mouras,
vacas de
coor marela.


Xa
tiraron do carro mancado,
xa cabe
laron cun arado a terra,
xa deixar
on nas augas dos regos,
ond
e elas beberon, fííños de estrelas.
vacas roxas, vacas mouras,
va
cas de coor marela.


A
lí as agardan as donas,
para lles munguir as tet
as;

AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO

As carballeiras

Paso del tiempo, transformación, Ubi sunt?, religiosidad.

 

As carballeiras

Ai, neniña, que escuro aquel runxir
do
s nosos pasos polo carballido!

Vanse enterrando ledas as pisadas
n
a brandura da folla, entre os fieitos.
E o so
uto énchese todo de ledicia,
ve
llo amigo dos mozos señardosos.

Ora veñen co engazo e cos carrascas
par
a apañar a folla. A dos castiros
xa es
case curtida e apodrenta
a
herba dos pasteiros miudiña.

Que tenro e fino vén o musgo novo
coa
auga de setembro verdecido!

No medio dos carballos, nun relanzo,
as
pilas de follasca, qué ledicia
p
ara xogar os nenos ás rouladas!

Levarana nos carros á tardiña,
e
afondarase logo a carballeira
nun
silencio de sol e auga parada.

As árbores velliñas, xa despidas,
e
nchéranse de sol por entre as gallas,
prat
eadas de musgo e ourilocentes
coa
s raiolas da tarde, contra o ceo.

Orfos e fríos, inda sobre as ponlas,
abanearan
se os niños de buxato.
Os nosos pasos xa non t
erán voz.
E á
noite virá o m
edo demansiño.

 

EMILIO ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

SEMENTEIRA

El fin del camino, de la vida e el deseo de confundirse en los elementos a través de metáforas campesinas.

SEMENTEIRA

VAI A chegar o tempo
d
e sementar o mar:
o c
ampo xa vai vello.
Vai
a chegar a edade
-a
nda tan rexo o ,carro-
de s
ementar o aire.

A xugada vai cansa:
vai a
chegar a noíte

de sementar a ialma

 

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

NO RESPLENDOR DO DÍA

Oración de comunión con la naturaleza aldeana, en la cual se ruega por una muerte en silencio, en el medio de la naturaleza, con la tranquilidad e la naturalidad con que se produce el vivir cotidiano campesino, en una visión panteísta donde el hombre acaba por fundirse con el cosmos del que forma parte. Imágenes hilozoístas del sol arando y de la vida humana como un carro.

NO RESPLENDOR DO DíA

QUERO MORRER de música nunha tarde de pinos
sin s
entir o martelo dun recordo no sangre,
e
caere amodiño na sombra como a lúa
e
nterra as súas cornas tras de Arxán.

Que o sol siga o seu rego deica o mesmo cadullo,
a d
erradeira rella do tempo en carne viva,
qu
e os paxaros non calen no oco quente da tarde,
qu
e non paren os bois de remoer.

Que o meu carro se entorne cheo de lume e sono
sin
axotar as troitas nin as alas dormidas,
e
que a Deus me encomenden os ventos vagabundos,
a
s lebres que 'se riron do meu can,

os camiños que andiven i as álbores con niños,
o
s ollos, inda cheos da lus de Deus, dos nenos,
a
s voces escondidas que terman deste mundo,
a
s bágoas puras que non ve ninguén,

namentras en falopas cai a imaxe do mundo
i
as voces son adeuses de xente no peirao
i eu es
trela da noite que se perde no día,
n
o resplendor do día que busqu
ei.

 

DARÍO XOHÁN CABANA

A SOMBRA

El roble, permanencia en el tiempo y testigo. El paso del tiempo afecta incluso a los carros de la casa. Todo muda menos el roble.

A SOMBRA

O PAPÁ dixo: "Vou ás Rozas Novas."
Colleu na choza a pa de ferro,
puxo as zocas de cana,
e non quixo levarme
porque ía moito frío e eu era moi pequeniño
pra andar estoupando na lama
coas miñas zoquiñas brancas.
Cando volveu traía ó lombo
un carballico novo,

dereito coma un fío
.
"É do teu tempo
", dixo.
Axudeillo a plantar entre o curral e a aira.
Eu termáballe del, e el botáballe a terra.

Cando xa daba un bon estrobo,

esmoucoulle a punta e deixouno
con cin
co gallas principais en roda.
Nunca máis lle tocou.
O pai morreu, e nós non lle tocamos.


O carballo medraba
que daba gusto velo.
Un día, arrincando no esterco,
vimos unhas raíces que entraran na corte,
pero deixámosllas estar,
porque as metera tan discretamente
que ata nos fixo rir.
Gustáballe o zurro como ó cocho a merda.
Os cochos no outono
cuincaban polo currallarpando nas landras,
e o touciño sabía coma cousa ningunha.
Á sombra do carballo
abrigábanse os arados e agrade,
o palleiro pequeno da herba e o da palla relada.
Nos días máis quentes do vran
preferíano as vacas á corte máis fresca,
e o can durmiñaba e soñaba co tempo da caza.
E a nosoutros tamén nos gustaba
durmir unha sesta enriba dun brazado de palla
na parte da aira.
A roda asombraba o circundo,
pero as raíces larpeiras nunca danaron a casa,
e tiña moito coidado de non abalarlle os cimentos.
Tamén el sabía -se cadra-
que os liñeiros que se facían e desfacían
debaixo del ano tras ano
nunca habían de ser á conta súa.
Un día boteille unhas cordas á póla máis baixa,
porque os pequenos querían unha carrandiola,
pero púxenlle unhas molidas feitas de sacos vellos
pra que a lazada das cordas non lle adentase a casca.
Gustáballe que mirasen pra el,
e que as vacas cozasen o lombo nas broullas,
e o cantar dos paxaros rebrincando entre as pólas
era coma un milagre,
especialmente no arraiar do día.
Agora xa non ternos vacas. Levamos xa tempo cobrando o subsidio.
Esterco na corte xa non o había desde hai moitos anos.
Cando fixemos as cortes modernas
amañamos a corte vella pra comedor dos días de festa.


Pero o carballo non se queixa de fame.
Aterra aínda é boa, e el cobre un ferrado de terra.
Cada galla das cinco que o pai lle deixou
parece un carballo mediano.
Xa non ten carrandiola, eso é certo.
Os fillos non están connosco.
Ás veces veñen cos netos,
e pra eles hai outra de ferro que lle chaman columpio,
mercada e non feita por min
con dous anacos de adival e unha táboa furada.
O can xa morreu, e tres máis despois del,
e eu vendín a escopeta.
O que foi o curral aínda lle chamamos curral,
anque está cimentado
pra que as rodas dos coches non se enlamucen no inverno.
Pero ás veces nosoutros os dous,
nos días máis quentes do vran
aínda durmimos asesta na aira
debaixo do noso carballo.
Non nun brazado de palla, eso é certo.
Xa non hai palla limpa no mundo.
Agora durmimos asesta nunha colchoneta de espuma
cunha manta vella por riba. Durmimos,
ou miramos prás pólas. Non hai carro debaixo.
Un que quedou fixemos del leña. Xa tiña podre o soallo.
O chedeiro do outro aínda serviu
pra tapar unha falta no zarro da choza.
Os aveños e os xugos están arrombados no alboio.
O tractor vendeuse, xaora. Aínda valía unhes cartos.
Os que están ben son os paxaros,
que inda seguen cantando

como cantan desde o principio do mundo.

DIGO vencello, viorto, mollo,

Desaparición e perda do mundo campesiño. Léxico do carro e rural en xeral.

DIGO vencello, viorto, mollo,
maraño, pabea, gabela,
cadullo, escoto, cabeceira,
rangueiro, estadullo, afungadoiro,
solta, cadarmo, rodo,
distingo toxeira de toxal,
caxigo de carballo,
lora de loro e estrobo, carrada de choupelada,
fouciño de fouciña e gateña de fouce,
medeiro de meda e de borguete.
Pero xa non me entenden.

Acábanse as palabras
e acábase meu mundo.

ARCADIO LÓPEZ-CASANOVA

Mester da terra (fragmento)

Ubi sunt? de la realidad aldeana. Desaparición y muerte del mundo rural : arados caídos, carros desvencijados.

 

Mester da terra

(...)

v

¡Ai, no Pazo a solaina do olvido,
e nos ermos as augas
do frío,
e nos adros os mo
rtos queridos,
e nas portas os nenos
fuxidos,
e nos fornos o pa
n durecido,
e nos eidos arados ca
ídos,
e nas airas os car
ros fendidos,

e camiños,
e corte
llos, e cacharelas, e pedras de ldos,
e cotovías da Noite, e casais ard
idos,
e cómaros, e campas, e fouc
iños,

e caladiños,
irmáns antergos
na a
lba
de sombra,

PAZ,

e os acios da Morte cáliz como va!