APEROS
O ARADO
El arado trabaja sin cansarse a la voz
de mando del amo sobre el buey.
O ARADO
¡Canto traballa o arado
e nunca está cansado!
Anque a terra ten que abrir
procura non a ferir.
¡Ara na alma, nos leiros,
nos nosos soños valeiros!
A voz do amo manda:
-¡Ei, boi, anda...!
XOSÉ CRECENTE VEGA
A miña
aguillada
Proceso de fabricación de una aguijada.
A miña
aguillada
Pra D. José Aranguren
Roldán'
Quero unha aguillada que seña
un tesouro,
que non teña falta dende a
punta ó cabo,
feita dun caxoto de
carballo mouro
criado entre silvas nun
terreo escravo.
No forno escocida i
escarapelada,
de freba moi limpa,
dereita, sin nós.
Pulida e xeitosa. Quero unha
aguillada
das millor feitiñas que
puido dar Dios.
E ben enferrada con ferrón
de aceiro,
porque unha aguillada que
non ten ferrón
ni'é honra do dono, ni'é pau
duradeiro,
nin limpa un arado nin
fende un terrón.
E por si algún día chega
unha ocasión
en que Xan labrego poda
ergue-la man,
quero unha aguillada que me
sirva entón
pra medirlle as costas a algún
pillabán.
Ni' unha
falta triste dende a punta ó cabo;
que digan os homes: ¡a vara
naceu!;
feita dun caxoto de carballo bravo,
¡esa é a aguillada que quero ter eu!
XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN
Acougo
Versión del Beatus Ille en el cual aparece , de pasada, un labrador arando los campos
Acougo
Feliz aquel que deixa a aldea sen fechar a porta
do seu domicilio e cabalga deica os vales en que o
labrego
ara nas leiras e diversa fincabilidade prende a
súa besta
nunha argola da vella tenda de ultramarinos
recada
o caxato corvo e pilla as calzadas que o levarán aos
planaltos
de touzas poboadas de rulas e fugazmente transitadas
polas estrelas azuis da pega-marza
e alí asenta nun tocón apodrecido de aciñeira
internamente percorrido polas larvas dos escornabois
e
varios vermes
completamente cegos olla ao seu redor porque é verao
a raxeira fai roxir a chicharrada e decátase de que un mundo
de besbellos circenses fan ximnástica nos bicos das
gramíneas
resequidas ponse ledo porque
na viciña corga xa canta o grilo
a súa balada acolá a corga aquela corga verdegal
na que nin latrica unha meada magra de
fios de auga entre carriza
e o señor bido de traxe mariñeiro dispón
no cucuruto da bulsa
pendular do ouriol nota que non ten ansias e anseia telas menos
o peito non llo entolda o desexo de nada amalloa ben os tenis
volta ao camiño para repousar outra volta
agora pé
dos loureiros e déitase nunha grama coas follas
inmortais
a coroarlle a testa e canta polo baixo as habaneras
en canto o sol devala sobre os cotos da serra incorpórase
dun chouto tan innecesario como precipitado
corre
rousa cando o camiño torce e entra na
chan alta dos toxos pilla
os subeiros do animal pisa
torrón negro ergueito polo fuciño
do porco bravo e cando as
sombras can e o sol deixara xa de ser
un rubio farol comproba que no baldío
non hai cousa humana
toda escuridade cobra forma de sólido e a cara dun
xigante
de fariña vai
xurdindo tralos petoutos e decide daquela fechar
os
ollos s e non ter pensamentos.