ANIMALES
XOSÉ CRECENTE VEGA
A Teixa i a Gallarda
Vacas compañeras
A
Teixa i a Gallarda
¡O ben que se querían!
¡A lei que
se gardaban!
Andaban sempre xuntas
por chousas e por gabias;
pacían polos cómaros
decote aparexadas;
e, que volveran cedo
ou tarde para a casa,
nunca a Gallarda viña
que a Teixa non chegara.
Bebían nunha pía;
durmían nunha cama,
na mesma meixadoira
comían e rilaban;
turrábanse diario
e nunca se escornaban;
lambíanse unha á outra
o lombo, o colo, a cara;
i estaban tan caídas
e tan aconchabadas,
que nunca o dono soupo
cal era a que mandaba.
¡O ben que se querían
aquelas
dúas vacas!
Folla Bricia, 97
Aquela
vaca Marela ...
Vaca aguda y perezosa que le huye al carro para que no la unzan..
Aquela
vaca Marela ...
Aquela
vaca Marela
moito lle
escapaba ó carro.
No' había
estacas nin tornos
nin caravillas pra ela.
Aquela vaca Marela
¡tiña unha maña nos cornos
pra suergue-la cancela!
Cargabas
unha gavela,
xa non a vías no zarro.
Aquela vaca Marela
¡como
lle escapaba ó carro!
Estes bois
de Gontán
Bueyes poco aparentes pero buenos para el trabajo. Quizás una venta en la feria.
Estes bois
de Gontán
Estes bois de Gontán
non son de moita casta.
Son bois de
pouca perna e pouca asta.
-Pro son bois de bon
ter;
bois escravos pró xugo.
-¿E comedores? Outros no' hai en toda
a provincia de Lugo.
E con algo que os mires,
a estes bois gontaneses
cámbiachelle-lo pelo en poucos meses
Folla Bricia, 101
LORENZO VARELA
OS BOIS
Los bueyes uncidos a un carro son la fuerza poderosa y transformadora del mundo campesino y metáfora del poder humano.
OS BOIS
XUNGUIDOS AO carro dos chantos
fendían os regos, espallaban os croios,
levaban nos lombos o sol da xesteira
e no peito un monte de touros e orballos,
Unha xunta de bois que puxa en diante,
que berra, fungue, muxe,
deixa ao pasar unha
mirada morna
o mesmo que esas ondas poderosas
que pousan nas areas dunha praia
o mar enteiro, doce e paseniño:
cal unha escuma ,branca
na palla loira do pombal.
¿Qué pensan xunto ao río?
¿Saben eles que teñen
cor de nube caída?
¿Que cando chega a escuridá
da tarde
eles son o solpor no milleiral?
¿Que cando se recostan na fríaxe
do prado,
alansando, semella que respiran
os pulmóns palpitantes dos
astros?
Xunguidos ao carro dos chantos,
os bois son deuses cegos
que levaran o campo, de
xionllos,
AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO
Oración do
sapo
El carro también puede ser un mal enemigo, según para quién.
Señor, que estás nun
ruculliño de sombra,
e andas sempre por camiños
de noite,
e cantas cad’hora e cando o
teu cantar
sin que ninguén se mofe de
Ti.
Líbranos, Señor,
das cousas que andan a
correr.
Dos pucheiros cheos d’auga,
nas hortas,
e da boca das cobras,
e da roda dos carros,
e de tódolos bichos malos.
Dainos, Señor,
un alpendre de sombra e de
luar
para cantar.
E un carreiriño de
vagalumes
polas hortas vizosas do teu reino.
Cómaros verdes
Aló en
Lamanide
Muerte de un buey en el medio de la arada y estado de desolación en el que queda el labrador.
Aló en Lamanide
Aló en Lamanide, ó pé do río,
nunha leira de cómaros en sombra ,
araba unha xugada de bois novos,
os cornos pequeniños, estrelados.
Ó facer un cadullo, de repente,
a xugada parou.
Que paz inmensa
nas mans daquela hora chea de sol,
leda coma un Mercurio!
No aire as loias
nin sequera o souberon. Un
dos bois ,
coas faces escumosas cheas de sangue,
caeu entre as sucadas.
Caeu morto!
-Ai, meus labregos do vilar de Albán!-
Sobre os longos vilares, o azul calmo
do bafexar calado das aradas.
Fontes de auga soñada, quedas, longas,
sombras de álamos regan a ribeira.
Coma nun liso mármore impasible,
a señardá resalta en dor calada
a un brutamontes, triste coma
a noite ,
o xato sen parella dexunguindo.
Na paz das veigas -só-
quedou o arado
enrellado na cal.
Ó lado, inmenso,
sacrificado a un fado escuro e triste
un
boi, inda xuvenco, doce morto.
Polos bosques abaixo, polos cómaros
de verdes prados moles, gurgullantes
por cen toupeiras vivas de auga nova,
co seu boi sen parella dexunguido,
triste, calado e só vai o labrego.
Entre uns seixos, de prados
arelante,
con zoquiñas de vidro patuxando,
salta un regueiro novo. O boi sen sede
mal bafexou a auga e inchou as faces
de ávidas ventás en fondo ardor,
coma de
auroras ou mazás reinetas.
Arrimado a aguillada e ó carón,
cun non sei qué no peito derretido,
ollos estarulados e pasmados,
triste brañego, amigo de Virxilio,
deixa ir a
cabeza do seu peso.
A auga tira dela contra a terra,
xogando coa súa sombra engueimadiña
leda e cruel, aló en Lamanide.
Cómaros verdes