LÍNEA IDENTIFICATIVA
OTERO PEDRAYO
Toma de conciencia a través de las sensaciones de la tierra, entre otras, las que le producen las marcas de las ruedas del carro en los caminos que pisa.
Arredor de si (fragmento)
¿Que cousa enorme, solemne,
vibradoira de serena eternidade, enche a noite? Adrián manda parar, ata que o soar
morre mainamente. A voz harmoniosa do reloxio de Compostela. No leito, Adrián
procura o ecoar incomparable. Logo lembra un tremelucir de estrelas no Ulla,
vilas durmiñentas, un aire máis tépedo ao chegar ás ribeiras. Estaban maduros os
acios mestos asomando sobre os muros entoxados. Cando pisou a terra do camiño labrego,
as rodeiras dos carros déronlle unha seguridade que non atopaba nos asfaltos brillantes
de Europa.
Pouquiño a pouco dórmese. Pensa que xa non é necesaria aquela
paixón por estudiarse e analizarse, fibra a fibra, o seu espírito. Adiviña un pensar
de acordo cunha cousa realizada aínda non ben determinada. Xa dorme. Un coro de
vendimadoras nos primeiros velos do sono. O espertar, xa entrada a tarde, e
pórse á limpa mesa. Adrián ten a certidume de ter sobreposto un período de
ensaios, e bebe a longos gulapos o viño da Ribeira.
(...)
Adrián pensaba, ás veces con paixón, outras serenamente. As
horas en que se deixaba vivir non eran as menos frutíferas para a nova
formación que lle renovaba a carne e o sangue do espírito. El ensaiara moitas
culturas, variadas disciplinas. Naquel outono xa era polo menos dono dun camiño.
Camiño de carro, sombroso, ledo, enlazando rosarios de pobos valecos. Carreiros
de montaña, cinguidos ás duras abas das serras, perdidas nas chairas dos altos.
Adrián non se afastaba de ningún problema. Entraba nalgúns e só atopaba penedías
desertas. Mais levaba unha seguranza, e sabía
agardar a que o ermo se cubrise de flores.
(...)
Ao correr do inverno, Adrián falaba sempre galego cos labregos.
Difrutaba nas latricadas do Señor Bieito de Medelo, particularmente. Era un
vello, vivía nunha casiña limpa e terrea nun recuncho, o máis escondido do val,
entre penedos e piñeiros. Nas rochas esgrevias aínda vexetaban retortas cepas
vellas. Ao pé da casa, baixo un pontillón de laxes usadas, bulía un regueiro,
no outono medrado. Traía a riberia un fresqueiro cantigar da montaña. O home
tiña unha fala na aparencia ruda e lonxana, e nela as verbas perdían
individualidade na rexa fábrica das frases. Mais de seguida se advertía a
fermosura e o tino das palabras, sinxelas, expresivas, pintorescas, unhas dun
sintetismo completo, outras feitas de matices, incomparables para expresar os
momentos decorrentes e fuxitivos da vida e do mundo.
Algunhas veces Adrián coidaba oír un baixo latín cheo de
mocidade e de futuridade. No comercio cos labregos, o desperto senso crítico de
Solovio adeprendeu ben pronto a falsedade dunha afirmación na que el, por
costume e preguiza, participara: a de ser o galego unha lingua vella, unha
ruína, non doada para conter nin fecundar unha idea moderna, impropia para a
Técnica e para a Filosofía por exemplo. Pois desque Adrián falaba galego sentía todo o seu ser renovado, non tiña que
loitar contra a lingua demasiado feita e traballada que lle impuña unha
retórica moitas veces enxoitadora do ceibe nacer do pensamento. Na mesma
indecisión había unha garantía de mocidade. Tampouco ollaba a morte diaria do
galego nos beizos dos paisanos que falaban castelán por influencia da cidade e
de América. Era un castelán exterior e falso. Na construción da frase, no
acento, na alma das verbas
falaban
galego disfrazado doutra cousa transitoria.
(...)
Por Galicia e na Galicia era Adrián europeo e planetario. Xa podía dirixir as súas frechas a un fito. Foi obra leda e rápida, como toda liberación. Fíxoa pola meditación apaixonada servida pola experiencia dos ensaios fracasados, e
pola amorosa descuberta da Terra. Máis adiante Solovio compracíase en lembrar sen propósito
pedagóxico, como exemplo e enseño para os máis, as etapas do seu itinerario
da perfección. No decorrer dun ano fixo varias viaxes:
costa brava, algún mes en Santiago, no verán co caxato e morral andou a pé grandes anacos da serra onde
se demora sempre un ulido e unha elegancia de invernia. Deste xeito foi sentido a
historia vivente da Galicia e puido
meditar a súa proxección no porvir.
R.
OTERO PEDRAYO: Arredor de si. Galaxia,
Vigo,19844 Páxinas 179 -190
EMILIO ÁLVAREZ
BLÁZQUEZ
CARRO
-¿QUÉ:LEVAS, carro valeiro,
qué levas
pola costiña?
-Levo a mañanciña toda,
con un galo loiro enriba,
-¿Qué levas, carro valeiro,
qué levas pola
costiña?
-Levo a serán con
un merlo
asubía que
asubía,
-¿Qué levas, carro do tempo,
costa abaixo,costa arriba?
-Levo semente de estrelas
pra a sementeira dos días.
De
Poemas
de ti e de min
ROSALÍA CASTRO
[Grilos e ralos, rans albariñas,]
Referencia a las serenatas amorosas que nos dan los carros cuando cantan a lo lejos, xunto con los animalillos que animan la noche gallega con sus ruídos.
Grilos e ralos,
rans albariñas,
Sapos e bichos de todas crás,
Mentras ô lonxe cantan os carros,
¡Que serenatas tan amorosas,
N'os nosos campos sempre nos dan!
Tan sô acordarme d'elas,
Non sey o que me fai,
Nin sey s'é ben,
Nin sey s'é mal.
Follas novas, ¡Do Íntimo!
Chirrar d'os carros d'a Ponte
El canto de los carros de A Ponte y las tristes campanas de Herbón le parten el corazón.
Chirrar
d'os carros d'a Ponte,
Tristes campanas d'Herbon
Cando vos oyo partídesme
As cordas d'o corazon.
Ceboleiras qu'is e vindes
D'Adina pó-Ios camiños,
A veira d'o camposanto
Pasá leve e paseniño.
Qu'anque din que os mortos n'oyen,
Cand'os meus lle vou falar,
Penso, que anqu'estén calados
Ben oyen o meu penar.
Follas novas, Varia
DARÍO XOHÁN
CABANA
O MUNDO chámase
carballo.
O
MUNDO chámase carballo.
Podía ser
abedueira, chopo,
capudre, castiñeiro,
sobre ira, virgondoiro,
teixo sombrío ou freixo de tríplice raíz.
Pero non,
o mundo chámase carballo
desde que o mundo é mundo.
Deitouse o avó
dos avós dos avós
á sombra do carballo,
e adormeceu, e
o soño
naceulle dunha landra
coma cerebro, fixo
dúas follas minúsculas
e unha raíz que axiña
se dividiu buscando
sales, metais, materias
orgánicas escuras,
colleu pulo, estrincouse
sobre aterra, tirou
da seiva cara arriba,
xemou en tres, en catro, en cinco gallas,
abriuse lento coma un mundo,
formou roda, os paxaros
aniñaron nas fronzas,
e o peto carpenteiro
carpentaba buratos.
O avó durmía
debaixo do soño ou do carballo,
e entón o lobo veu
porque traía fame.
O avó tamén tiña fame,
e acordou e viu ollos de lume
que ollaban a comida,
dentes de xeo, fauces cárdenas
coma o lume do ceo
cando prende nas uces
ou no piñeiro, cousa negra.
O avó choutou en pé. Ficou de costas
contra o carballo, ergueu as mans,
agarrouse na póla
máis baixa, arrandeouse,
empoleirouse. O lobo
arregañaba os dentes,
botaba lume polas nares.
O avó rubiu, sentouse
na galladura dunha póla enorme,
esteouse de costas
contra a cortiza vertical,
arregañou os dentes,
e non botaba lume
porque era inverno ou frío outono.
Ollou pra riba.
Un pouco máis arriba
había un guizo seco
en forma de aguillada
-mais daquela
non había aguilladas,
pois non había gando que afalar.
O avó tirou, dobrou, premeu:
os nervos coma cabrinfollos
tensábanse nos seus
brazos desarañados.
Non había aguillada: o gando
non se inventara aínda.
Era unha lanza, si.
Dura non moito, pero lanza.
O lobo foise lentamente
de medio lado, coma quen
marcha porque se acorda
que ten que faga noutro sitio.
Entón o avó deceu,
pés descalzos na terra,
esteouse na lanza
e dixo: O mundo chámase carballo.
A lanza chámase carballo.
Os homes chámanse carballo,
soñan carballo, e o carballo nace
da landra que ternos na cabeza.
Carballo nace de semente
coma nosoutros, non de póla
nin de raíz, e medra,
e logo morre, ou
é matado
polo lume do ceo, ou de nosoutros.
Carballo é casca e samo.
Casca e samo desfanse
e fica cema
moura e dura
que arde mal, e resiste
moitos invemos e xeadas,
e ó final amolece
e acaba tamén podre,
pero doutra maneira.
Carballo é sombra. O mundo chámase carballo,
pero
fóra do mundo
hai sol que queima, e o carballo abriga.
Carballo é pan se non hai pan.
a pan chámase landra.
Se hai pan, o cocho come a landra
e nós o cocho touciñudo.
Carballo é lanza, si,
e o lobo teme a lanza.
a lume fai endurecer a punta,
o lobo sangra e morre.
Carballo fende ben.
Pau de carballo esgaza,
recibe a pedra, si, na esgalladura,
asegurada con corrizas
de salgueiro ou filseira,
ou con talas delgadas de sangobino ou de carballo
ben escocido ó lume, si, que fende.
Ou con mallós de coiro
do pernicioso lobo
que é dexemprado pola aguda lanza.
Pedra afiada contra pedra
corta o carballo, si,
pode facerse casa ou pé de teito e cangos
pra que as xestas ou casca
de bidueiro boten fóra
a choiva e mais o frío.
Pedra afiada contra pedra
e cuña de esfender
fan táboa longa e ancha
que se chama materia,
digo madeira. a mundo é de madeira.
Madeira a lanza, a trabe, o pé dereito,
madeira o banco en que sentamos
xunta o lume do inverno,
madeira a free ha, o arco,
a culler que serve pra comer o caldo
non como larpa cocho bravo
senón coma homes e mulleres
que saben rir e contar
contos
e cantar e bailar en rolda ó son das cunchas
e desa cousa que chamamos frauta ou gaita
feita de cana ou sabugueiro,
ou de ameneiro -só
na primavera.
O
mundo é de madeira, si.
A maior parte é de madeira.
Son de madeira cousas
que usamos pra facer as cousas,
e que se chaman leñamenta,
madeiramenta, pedramenta non,
se cadra ferramenta -agora
que a madeira
leva cousas de ferro
negro e durísimo que corta
como non corta a pedra.
O mundo chámase carballo,
poderosa madeira
de estrita cerna incomparable.
Facer as cousas chámase carpenta.
O carpenteiro fai a roda,
que é unha cousa redonda
moi semellante ó sol. O
sol é un carro
cunha lápara enorme que fai medrar madeira.
Carballo quere sol
pra ter a cerna dura e moita
con que facer a roda.
O carro do sol ninguén o fixo.
Ninguén anda tampouco os seus
camiños.
Pero nosoutros
ternos outros camiños
e carrexamos
cousas.
Os carpenteiros fan o carro
con cerna de carballo,
e as rodas durísimas
abren rodeiras na pedra do chan
que se chama carreira.
Agora hai aguilladas
pra afalar os cabalos
e os bois que tiran polo noso carro.
Unha aguillada boa
faise de esterpe ben dereito,
pero o carro mellor é o de carballo,
que ten máis lei e non caduca,
e o mellor barco é o de carballo
que non podrece na auga do mar
onde tamén facemos nós camiños
que se pavimentan na memoria.
O mundo chámase carballo.
Carballo é o banco de carpentar
onde toda madeira colle forma,
carballo o carro, o barco,
a casa, as escaleiras, as cancelas
que pechan no curral o noso gando,
carballo o guindal da lareira,
carballo o leito en que durmimos,
carballo a mesa onde comemos,
carballo o mango da bisarma e o caxato da vellez,
carballo a cuba onde as mazás e as uvas ferven e fan viño,
carballo o pértego do malle que degrae o centeo,
carballo o ferrado e o rebolo,
carballo a tulla e mais a hucha,
carballo o cabazo e o chozo da leña e a palleira da herba,
carballo a pa do fomo e o rodicio do muíño,
carballo o arado e mais agrade,
carballo o estrobo e o estadullo,
carballo a cuña de partir a pedra,
carballo a roda do oleiro,
carballo a casca de curtir e a táboa de pelar,
carballo o cesto de apañar as patacas,
carballo a espadela e otear,
carballo o folón que bate o pano coa forza infinita
do río,
carballo o barquín e o pé da ingre,
carballo o mazo hidráulico da industria do ferro,
carballo
a máquina de picar o toxo,
carballo a bomba aspirante-impelente pra subir auga do pozo,
carballo o eixe e a culler de penas da nosa fábrica de luz,
carballo as travesas do ferrocarril que nos leva a mngures.
O mundo chámase carballo.
Cabalgada na brétema