ACTIVIDAD
En
Arredor de si (1930), novela emblemática de todo un grupo xeracional, Otero, a
través do descubrimento do personaxe Adrián Solovio, transunto literario de si
mesmo, reflexiona sobre a asunción da súa identidade. Este fragmento amosa este
proceso na súa fase final, cando Adrián decidiu xa regresar á terra. Coñecendo
isto e a sinopse argumental que o libro de texto do Consorcio Editorial Lingua
e literatura 2 que a seguir se copia, traballa nas actividades seguintes:
Adrián, xa maduro, acabados os estudos e tras unha mocidade despreocupada e bohemia, sente a necesidade de buscar un sentido á
súa existencia. Abandona o pazo, onde a súa nai loita por
manter en pé o patrimonio familiar, para procurar en Madrid, Toledo e Burgos unhas raíces culturais que fundamenten a súa identidade. Decepcionado da cultura castelá, coa que non logra identificarse, marcha
a Europa. Visita París e despois Berlín acompañado por
unha inesperada amante, a marquesa de Portocelos, exemplo da frivolidade cosmopolita. Mais tampouco as grandes urbes europeas colman a súa procura. Xa en Bélxica, no porto de Anveres, atravesando a máis profunda desolación interior, os cantares duns mariñeiros galegos provócanlle unha súbita revelación. Adrián Solovio
recorda a súa terra natal, ante a que fora cego ata o momento, e entende que a súa identidade é a mesma que a daqueles mariñeiros.
1º
Exercicio de léxico. Procura nun dicionario todas as palabras que descoñezas
http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index_rag.html
2º.-
O fragmento proposto é fortemente simbólico. Isto lógrase, entre outros
procedementos, pola utilización dalgúns símbolos moi claros. Procura nun
dicionario de símbolos e trata de explicar a carga que teñen os vocábulos:
Camiño, carro, rodeiras.
“Cando pisou a terra do camiño labrego, as rodeiras dos carros déronlle unha seguridade que non atopaba nos
asfaltos brillantes de Europa” (5-7)
“Naquel outono xa era polo menos dono dun camiño. Camiño de carro, sombroso, ledo” (ll.
16-17)
Evidentemente,
á parte da carga simbólica universal, o camiño de carro e o carro, tamén a
teñen desde o punto de vista galego. Explícao.
3º.-
En que momento chega Adrián a Santiago (e á Ulla)? Cales son as referencias
temporais? A través de que elemento, tamén fortemente simbólico, se explica a
“necesaria” transformación de Adrián.
4º.-
Elabora un relato de aproximadamente 150 palabras que conteña os seguintes
termos: camiño, carro, rodeiras, acios
maduros.
5º.-
Aínda que no fragmento proposto non figura, páxinas atrás Adrián escoitara no
porto de Anveres un cantar en galego (vid. supra). O autor fai referencia a
unha Cousa de Castelao “Unha rúa nun
porto lonxano”. http://manuelrivas.com/cousas/unha-rua-nun-porto-lonxano/
Le a través do enlace ou no
orixinal a Cousa e trata de explicar
e xustificar as distintas actitudes, a de Solovio
e a do taberneiro de Castelao. É posible establecer diferenzas segundo as
procedencias sociais de cada un?
Coñecendo
o contexto histórico-social no que se desenvolve a literatura galega do século
XX e a particular de Otero Pedrayo e Castelao trata de explicar os distintos
focos que manteñen ambos autores sobre a materia literaria (débese elaborar un
texto de 150 vocábulos aproximadamente). Deberás repasar a cuestión da
emigración e a liquidación da sociedade agraria tradicional do Antigo Réxime:
http://www.edu.xunta.es/centros/iesasangrina/aulavirtual/file.php/399/Seculo%20xx/album/index.html
6º.- A partir da liña 32, Otero Pedrayo fai
referencia a un prexuízo lingüístico, identifícao, pono en relación con outros
e rebáteo argumentalmente. Cres que aínda está vivo? Explica, exemplificándoos
outros tres prexuízos lingüísticos e clasifícaos xustificándoo segundo o súa
índole (estéticos,socioeconómicos, ...) e segundo a súa evolución (novos e
vellos).
Podes usar o seguinte material elaborado por Freixeior Mato sobre os prexuízos lingüísticos.