Piñón e cremalleira
entrada circular ⇄ saída rectilíneo· reversible
Unha roda dentada, o piñón, engrana cunha barra dentada chamada cremalleira. Ao xirar o piñón, a cremalleira despraza en liña recta.
Por cada dente que avanza o piñón, a cremalleira despraza unha distancia igual ao paso, p. Nunha volta completa o avance é:
a = p · z
sendo z o número de dentes do piñón. O mecanismo é reversible: movendo a cremalleira faise xirar o piñón.
Úsase no carro das máquinas ferramenta, na bandexa dun lector de CD, no eixe principal do trade, nas portas automáticas e na dirección dos coches.