Mecanismosv3

Parafuso e porca

entrada circular → saída rectilíneo· non reversible

Este mecanismo consta dun parafuso e dunha porca. Un dos dous xira e o outro, que non pode xirar porque a súa orientación está suxeita, avanza ao longo do parafuso.

O avance depende do paso de rosca:

a = p · n

onde p é o paso, a distancia entre dous fíos seguidos, e n o número de voltas. Como o paso adoita ser pequeno, os desprazamentos son lentos e moi precisos, e o mecanismo non é reversible.

Ten moitas aplicacións en desprazamentos lineais lentos: tornos de banco, prensas, gatos de coche, portais automáticos de fincas e carros de máquinas.

Proxecto
Mecanismos · V3
Orixinal
Antonio Lomba Baz, 2004
Licenza
Pendente
Política de cookies
Pendente
Aviso legal
Pendente
Política de privacidade
Pendente
Contacto
Pendente