Mecanismosv3

Manivela e biela

entrada circular ⇄ saída rectilíneo alternativo· reversible

Este mecanismo ten dúas pezas: a manivela, que xira, e a biela, unha barra unida por articulacións a un extremo da manivela e polo outro a un pistón que se despraza dentro dunha guía.

Ao xirar a manivela, a biela empurra e tira do pistón, que fai un movemento rectilíneo alternativo. O percorrido do pistón entre o punto máis alto e o máis baixo chámase carreira, e é o dobre do radio da manivela:

carreira = 2 · r

É reversible: tamén se pode mover o pistón para facer xirar a manivela.

É a base dos motores de explosión, onde a manivela é o cegoñal, e antes tamén o foi das máquinas de vapor. Atópase igualmente en compresores, bombas e serras de vaivén.

Proxecto
Mecanismos · V3
Orixinal
Antonio Lomba Baz, 2004
Licenza
Pendente
Política de cookies
Pendente
Aviso legal
Pendente
Política de privacidade
Pendente
Contacto
Pendente