EL CARRO Y EL REFRANERO

Refráns

Con algún destes deseñadores:

http://www.flashpaint.com/

http://artpad.art.com/artpad/painter/

http://www.queeky.com/app/

http://blog.educastur.es/luciaag/2007/07/12/utilidades-web-20-dibujo-y-pintura/

1.- Realiza un deseño para ilustrar os refráns que queiras.

2.- Debes realizar un breve escrito para explicar os refráns que ilustres.

Superación

"Por onde pasa un carro cargado, ben pasa un home a cabalo" .

"Por onde entra o carro, mellor entra o carreteiro",

"Onde caiba un carro cargado, ben cabe un home a seu cabo".

Poder humano, cooperación e outras axudas

"Un home ó brazó[1] tira tanto como media vaca".

"Unha roda sola non leva o carro ó monte"

"Non se pode guiar ben o carro se non se trepa o barro".

"Sen cuñas non canta o carro".

"Carreteiro que non canta, o carro non lle sae do camiño".

"Catro bois nun carro, se ben turran para riba, mellor turran para baixo":

"Pra baixo calquera boi tira".

"O boi pola corda e o home pola palabra".

"Deus diante, o carro que cante"

"Non hai peor cuña que a da mesma madeira".

Coidado dos obxectos e dos animais

"O que queira vivir do carro, que o leve sempre ao seu coidado".

"Co eixo e coas rodas do carro, cómpre coidado"

"Para o carro e mexaranche os bois".

"Mentres loras[2] quebran, bois descansan" .

"Namentres dobras quebran, bois non aran" .

"Quen sementa no camiño, cansa os bois e perde o trigo".

"Presta o carro a quen ten carro".

"Meu carriño novo, quen te fará vello? Catro meses de vran e oito de inverno".

Organización do traballo

"Onde poida andar o carro non vaia o cabalo" .

"Quen vai en carro, non vai a pé nin a cabalo".

"Home parado non carga o carro".

"Quen con bois arou, moito traballou!"

"Carro derradeiro, ben cargado, ben baleiro".

Paso do tempo

Máximas de utilidade

"O carro untado vai atrás dos bois"

"Carreteiro que non unta o carro non sae do camiño"

"Si queres que o carro ande, úntalle o eixo das rodas"

"Quen o seu carro unta aos seus bois axuda"

"Ningún carro anda ben se con xabón no o untan".

"O longo do eixe, de nove cortado e de oito botado"[3].

Agrícolas

"Val máis un torbón de abril que os bois, o carro e quen vai nil".

"A auga de abril enche o carro i o canal" .

"Chuvia de abril enche o carro i o carril",

"Auga de maio carga o carro" .

"Abril quente e mollado, carga o carro e enche o gando".

"O pan raro carga o carro".

"Maínzo raro dá cesto e carro; maínzo mesto, nin carro nin cesto".

"O millo mesto vai no cesto; o millo raro vai no carro".

Estruturación social e roles de xénero

"Ao que ten carro e muller non lle falta que facer":

"Ao carro que está derrubado poucos lle fan caso",

"O carro que renxe, sempre alegra ao carreteiro".

"Ao carro crebado nunca Ile faltan petoutos".

"Desque pasou o carro, non Ile faltan carrilleiras".

"Mentres ande na leira o xugo, que ande na casa o fuso".

"A muller i o home honrado, polo camiño do carro".

"Labrador sen carro, can sen amo, curro sen valado e nena sen amor, sonche a cousa peor".

"A mellor razón, un fungueiro!"

Experiencia

"Onde vello non vai, carro non sai".

"Carro entullado non sai se o home vello non vai":

Meteorolóxicos

"Cando o carro do ceo volve o rabo, ou quer amañecer ou é día claro".

"Nubes ao poñente, colle os bois e vente".

"Arco raiante, carro pra diante; arco poñente, calle o carro e vente",

"Se o arco da vella se pon a raiante, pica os bois pra diante".

"Por santa Erea colle os bois e serea":

"As enchentes de San Simón soadas son: ou antes ou despois enchen o carro e mais os bois".

"Cando a gaivota vai pra o mar, colle o arado e vai arar".

Riquezas, pobrezas e fortuna

"Nin por arrodeo nin por atallo, deixes o camiño do carro"

"O mellor carro pode torcer".

"O mellor carro pódese envorcar".

"O que non ten carro, anda antes ou anda despois".

"O que non canta o carro cántano as dentoiras"

"Canta o carro o que habían de cantar os bois".

"A roda da fortuna nunca é unha".

"Se a morte non nos para o carro, todos teremos un camiño andado"

 



[1] Tirar ao brazo", ou tamén "achedar"

é empuxar o carro apoiando o ombro no extremo do brazó ou cheda para axudar o gando a salvar algún obstáculo ou paso difícil

[2] As loras ou dobras son as pezas de coiro ou de verga (rama de

carballo revirada). coa que se ata o xugo á lanza do carro ou do arado.

[3] Aconsella que o tronco do que se vai facer o eixe teña nove cuartas de longo, pois aínda que este mida oito, como ten que secar durante algún tempo, os extremos deterióranse e cómpre recorta los algo, quedando entón o tamaño xusto.