tecnoloxia.com

 
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size

Festas do monte 2006

Outro vídeo da serie Festas do Monte, este correspondente ao ano 2006. Neste filme mostranse retallos da vida na Guarda; traballo, paisaxe, cultura, xentes, etc. Espero que o disfrutedes.
 

Xerador de albumes e presentacións de fotos aloxadas en flickr

Flickr é o sitio máis popular de aloxamentos de fotografías en liña, pero ten algunhas limitacións nas contas gratuítas. O número de albumes que podes xerar si tes unha conta gratuíta é de 3. Si queres xerar presentacións temáticas das túas fotografías o non poder xerar máis de 3 albumes estás limitado.
No sitio web http://webdev.yuan.cc/ atopamos un xerador automático de albumes e presentación de fotografías aloxadas en flickr para poder incorporalas as nosas páxinas. Dende logo é unha aplicación moi útil se queremos presentar albumes  ou coleccións temáticas na nosa web.
A continuación aparece o exemplo dunha presentación dalgunhas das miñas fotografías, xerada ca aplicación citada, na que se usou como filtro a etiqueta "batán".
 

Batán de Taramundi

Imaxe de BatánTeño o pracer de abrir outra interesante sección na páxina. Neste caso trátase dunha seccións de videos sobre etnografía da que presentamos o primeiro da serie: "Batán de Taramundi". Este filme foi extraído do traballo "A auga. Aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial". Mostranos o funcionamento do Batán do Conxunto Etnográfico dos Teixois en Taramundi.
O batán hidráulico, do que se ten constancia que comezou a usarse no século XI, veu a mecanizar o proceso de pisado. Este enxeño funcionaba coa forza da auga, a cal movía unha roda que facía xirar o eixe solidario á mesma, conseguindo así a enerxía necesaria para o afoloado. Mentres se facía o pisado dos panos botábaselle auga quente e algún tipo de produto deterxente capaz de eliminar a graxa.
Mais información en:
 

Festas do monte 2005

Con este video quero dar continuidade a sección da páxina sobre A Guarda (a miña vila) a través dunha serie de filmes que tiven o pracer de elaborar para un  dos eventos máis destacados que cada ano, polo mes de agosto, se producen nesta esquina de Galicia, as Festas do Monte. Comenza esta serie co video do 2005, este foi o primerio ano que se fixo un video expresamente para a festa. Poderíamos subtitulalo "A Guarda dende o ceo"
 

A televisión de Galicia estivo na Guarda

O día 23 de setembro celébrase na Guarda, Pontevedra (en España), unha romería no cumio do monte de Santa Tegra, na honra da santa que leva o mesmo nome.
O que escribe isto é da Guarda (tamén disfrutei da romería como cada ano), por iso esta páxina ten unha sección dedicada as noticias da miña vila.
Este ano con motivo da romería a televisión de Galicia achegouse ata alí. Como dun tempo a esta parte a TVG ten o servizo de televisión a carta, podemos visualizar as reportaxes que fixeron cando queiramos. Aquí vos deixo eses videos.
 
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
 


Páxina 1 de 4

¿QUEN ESTÁ EN LIÑA?

Temos 4 convidados en liña

Monografías

Cartel
Cartel

Fotos en flickr

www.flickr.com

Licencia