EL CARRO Y LA RIQUEZA




20

No curro da Carolina

non entra carro pechado

namais entra Carolina

co seu cocho polo rabo.

21

No lugar de Fradalvite

non entra carro ferrado

se nono trae Elisiña

co burriño polo rabo.

(Lobeira)

22

As rapazas de Vilar

gastan algo de fachenda:

á porta de elas non cantan

outros carretos de renda.

(Abegondo)
23

A Mariña ten de todo,

a Mariña todo ten;

ten boa froita, bo viño,

e ten bos carros tamén.

(Maras)

24

Mociños de Tabeirós,

ben vos podés alabar:

téndelas rodas nas Quintas

e o chedeiro en Tonsar.

(Tabeirós)

     

 

El carro como marca de riqueza.

Collía o cabalo, arreaba e iba ver á súa querida a Leixazós, que non estaba moi lonxe. Leíxazós é a terra máis infre que vin. Xa o di o refrán: En Leixazós non entra carro nin Dios.

Anxel FOLE: Á lus do candil. Galaxia, Vigo 19793. Páxina 111

A pesar de ser algo característico de la aldea, no todos tenían carro; los pobres ni lo precisaban ni tenían animales que uncir. Los accesos a los lugares que habitaban o que labraban determinaban el valor de la tierra y metonímicamente el de la entidad de población:

La entidad de población y su nombre varían según la circunstancia, al igual que el nombre del dueño del animal y la especie de este; así, puede se Fradalvite, Palavea o Facós y Manuel, Martiñán o Elisiña y burro o cerdo.

"En Domayo non entra nen fidalgo a cabalo nen carro ferrado" (Sarmiento)

1.- Tendo en conta o anterior xustifica a ironía que se percibe na cántiga 22. Repara na causa do cantar do carro e no sistema foral que obrigaba a os campesiños pagaren rendas aos señores da terra.

2.- Que pode significar nunha economía como a tradicional galega o ter carros grandes e bos?

3.- Identifica no mapa os lugares que aparecen nas cántigas e colorea as zonas. (Deberás baixalo e usar unha aplicación como Paint).

Leixazós, Fradalvite, Abegondo (Vilar), Palavea ou Facós, Tabeirós (Tonsar e Quintas). Debes usar tamén o Nomenclátor: : http://www.xunta.es/nomenclator/busca.jsp

4.- Leixazós hoxe é coñecido pola súa importancia xeolóxica. Procura información sobre o pregamento Campodola-Leixazós.

5.- Procura información sobre os topónimos que aquí aparecen e clasifícaos segundo a súa procedencia e pola súa temática. Pódeste axudar de:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Toponimia. Coas precaucións que requiren unha fonte como esta.

Tamén se poden usar libros como:

CABEZA QUILES, F.: Toponimia de Galicia. Galaxia, Vigo 2008

LOMBA ALONSO, J. L.: Microtoponimia da Guarda. Concello da Guarda, A Guarda, 2008.

MORALEJO LASSO, A.: Toponimia gallega y leonesa. Pico Sacro, Santiago, 1977

MÉNDEZ FERRÍN, X. L.: Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. Xerais, Vigo, 2007

6.- A cantiga 24 seica dá conta da existencia de alcumes nos distintos barrios da parroquia. A que se refiren estes alcumes?. Na túa parroquia, barrio ou mesmo clase ou instituto teñen que existir alcumes referidos aos veciños, compañeiros ou profesores. Realiza unha composición de 150 palabras na que desenvolvas o tema da aparición de alcumes, e a súa persistencia a través do tempo.

7.- Realiza estes tres caldos de letras sobre os nomes secundarios dos animais: