EL CARRO Y EL AMOR

 

25

Teiman os bois polo carro,

os remos polo batel;

choran os meus ollos auga

porque se vai meu Manoel.

(Mariñas)

26

Lévame no carro, leva,

Xosé Benito Ramón,

lévame no carro, leva,

lévame no corazón.

(Mariñas)

27

Lévame no carro, leva,

carreteiriño das uvas,

lévame no carro, leva,

comerei das máis maduras.

(Vigo)

28

Catuxiña, Catuxiña,

Catuxa, miña adourada,

heime de casar contigo

cando teña unha xugada.

(Lobeira)
29

Á túa porta, meniña,

tódolos carros dan volta;

agora que xa entrintastes

pasouche o sol pola porta.

(Mur

30

Pola carreteira abaixo

vai un carro de alfileres;

as verdades son dos homes,

as mentiras das mulleres.

(Lobeira

31

Por botar o eixo a un carro,

canto levan na túa terra?

Contéstame logo, Antona

e bota a conta sin erro.

Anda ti, fillo de un burro,

nativo de Roque Pas;

por botar o eixo a un carro

lévanche nove reás.

(Mariñas)

 

 

 

 
     

 




Cantigas amorosas

1.- As cantigas 25, 26 e 27 están postas en boca dunha moza, a 28 e a 29 na dun mozo. Existen diferenzas entre elas?

2.- Poderíanse relacionar algunha das cantigas con algún tipo de literatura culta, que bebeu en fontes populares? Xustifica a resposta e en caso afirmativo establece parecidos e diferenzas.

3.-Explica en que dous sentidos, polo menos, se pode interpretar a cantiga 28. Deberás ter en conta a estrutura social rural galega, a distribución do traballo e os roles masculino e feminino así como as posibilidades dos mozos de seren propietarios dun capital importante como unha xugada.

4.- Á vista da cantiga 29 podes caracterizar a sociedade tradicional galega de matriarcal como moitas veces se ten indicado?

Praticamente, porém, a moça galego-portuguesa continuava a ser, em competição com o homem, o mais poderoso agente do lirismo popular. Ainda na segunda metade do século XVIII, o grande polígrafo galego Fray Martín Sarmiento notava que na Galiza e em Portugal «toda a moça de cântaro era poetisa». O cancioneiro popular mostra-nos ainda hoje o feminismo acentuado da nossa poesia lírica; e não é certamente devido ao acaso que a Galiza possui na sua historia literária o mais admirável temperamento lírico da Península e talvez da Europa: Rosalia Castro. .

M- RODRIGUES LAPA: Lições de literatura portuguesa. Época medieval .Coimbra Ed. Coimbra 198110 . Páxina 113

Wellington gabou o valor e a disciplina dos soldados e a Garda Civil sempre tivo razóns para temer a furia das mulleres. As mulleres son as que na práctica gobernan Galicia e é quizais este matriarcado o que explica o conservadurismo, a industria e a economía que prevalecen no país. Estas mulleres espléndidas traballan arreo dende moi novas ata o día da morte. Cavan, aran e sementan, fan longas camiñadas ao mercado levando pesadas cargas e atopan tempo para tecer, fiar, cocer o pan, criar os fillos e tamén para as múltiples tarefas relacionadas co liño, o millo, as castañas e as videiras. Son normalmente fortes e ben desenvolvidas, en contraste cos seus maridos, débiles e choromiqueiros, aos que gobernan e, ao teren control da bolsa dos cartos, lles conceden só unha pequena cantidade para a taberna. Un estranxeiro non ten que estar moito tempo en Galicia para decatarse de que é a terra das viúvas, viúvas de vivos, viúvas de mortos. Por todos os lados se ven mulleres e cativos traballando, sen homes. É tamén, estrañamente, a terra dos superviventes, malia o espírito de progreso que conduce o galego cara a unha europeización, e que non se preocupa de se os vellos costumes se dilúen nunha insípida uniformidade con tal de existiren máis ferrocarrís, coches e outros signos de "civilización".

Aubrey F.G. BELL : Galica vista por un inglés La Voz de Galicia, 2005. Páxinas 19 -20

A TRIPLE EXPLOTACIÓN DA MULLER GALEGA

A súa explotación abarca tres áreas: como sexo,como traballadora e como ser colonizado. Vimos xa, e insisteremos logo, os puntos comúns que tena explotación sexual e a colonial. Desde o ponto de vista laboral, e resumindo, a situación da muller resólveseen: Soldadas máis baixas que o home; Meirande explotación no traballo; traballos máis alienantese indignos, sempre baixo as ordes do home;unha maior inseguridade no emprego; un traballoque non a redime da producción doméstica.

Non quixera que a frase da triple explotación da muller galega fora tomada como unha definición sacada da manga. Coido que ten unha base económica e real. Para escomenzar, a muller galega tópase na encrucillada de tres modos de producctén dis-tintos, ao servicio do capitalismo todos eles. Dunha banda un modo do sistema económico anterior:é o da sociedade rural galega. De outra o modo de producción capitalista propiamente dito.En terceiro lugar un modo de producción do fogar,o traballo doméstico. Este derradeiro é o principal para as mulleres porque é obrigatorio, ineludíbel, de porvida e o que determina a súa inferioridade.

QUEIZÁN, M. X.: A muller en Galicia. Ediciós do Castro, Sada, 1977, Páxinas 45-45

Á vista disto e dos textos que se acompañan elabora unha redacción sobre o papel da muller na sociedade tradicional rural galega; as expectativas de vida e de desenvolvemento persoal e a pervivencia na sociedade actual.

5.- No seguinte encrucillado aparecen verbos que se usan cando a conversa ten que ver cos carros, a súa tracción ou os animais que se usan:

Encrucilladoaccioncarral.htm

As cantigas 30 e 31 forman parte de regueifas

Despois de visitar este sitio http://www.regueifa.org/debes elaborar un traballo sobre as regueifas no que se poña de manifesto o que son, cal é a orixe, utilidade, historia e relacións con outras formas de expresión antigas e modernas.

6.- Procura todas as formas do pronome persoal que aparecen nas cantigas propostas e indica a súa función.