CUESTIÓN CANDENTE


14

Árdelle o eixe,

árdelle o carro,

árdelle o eixe

hai que mollalo.

Hai que mollalo

n´hai máis remedio

árdelle o eixe

é polo medio.

 

15

Árdelle o carro,

árdelle o eixe,

árdelle o carro

ós de Valeixe.

(Valeixe)

16

Árdelle o carro,

que eu ben o vin;

árdelle o carro

ós de Marín.

(Marín)

 

17

Árdelle o eixe,

árdelle o carro,

árdelle o eixe

ós de Combarro.

(Combarro)

 

18

Eih, carballeira! Árdelle o eixe!

http://127.0.0.1:51235/CarronaLiteratura/resources/escanear0018.jpg

 

19

Pasei pola túa porta,

puxéchesme a silva albeira;

puxéchesme a silva albeira;

arde o eixe, carballeira.

(Vilagarcía)

 

Como consecuencia de la fricción de las piezas móviles del carro, el eje se calienta y puede llegar a arder. De este hecho dan cuenta estas canciones. La secuencia 18 es realmente un grito identificador de la galleguidad.

1.- Explica nun texto de 150 palabras aproximadamente o proceso connotador que acada o feito de pegar lume no eixe e identificalo positivamente coa xente dun lugar determinado ou de toda Galicia.

2.- Compara estas composicións, na súa rima, medida e estrutura paralelística coas que se refiren ao canto do carro.

3.- Procura no Nomenclátor de Galicia :
http://www.xunta.es/nomenclator/busca.jsp e logo sitúa no concello correspondente cada lugar. (Deberás baixar o mapa e editalo cunha aplicación como o "Paint" para logo corar os concellos)

 

 

4.- Realiza estes catro caldiños de letras: de verbos os dous primeiros, de substantivos ou adxectivos os segundos:

Executables\quenturas.html

5.- Difícil de interpretar é a cantiga 19. Xocas cre que o berro é case unha ameaza, quizais é unha expresión de conformidade ou de desprezo. Cal é o valor de “pór a silva albeira”?. Cres que se pode referir á planta coñecida como xilbarbeira ou xilbardeira (Ruscus aculeatus L.) visita http://www.rios-galegos.com/pla42.htm#Ruscus aculeatus L. ou infórmate por exemplo utilizando o libro de Xosé Ramón GARCÍA: Pequena flora de Galicia. Ed. Follas Novas. Santiago 1979 e aventura unha explicación.