Simulador de circuítos lóxicos en liña
A través de Microsiervos entérome da existencia desta simpática aplicación en liña, chamada Logicly, para simular circuítos dixitais con portas lóxicas.Son deste tipo de aplicacións que, ainda que non nos evitan o uso de programas máis potentes, está ben telas localizadas para tirar delas en caso de necesidade, tanto para dar unha explicación como para que os alumnos aprendan xogando.
