Repositorio de simulacións interactivas

Estes días ando revisando a miña base de datos de enlaces de internet (de antes de que tivera conta en delicious) con motivo de colaborar con exploracións no movementoE3. A verdade é que me estou atopando con algunhas agradables sorpresas, moi agradables. Moitas das páxinas que eran marabillosas fai uns anos melloraron co tempo. A Universidade de Colorado ten unha proba dunha desas páxinas magníficas que serviría para ilustrar as clases destes días de 2º e 3º da ESO, nas que estamos falando de circuítos e magnitudes eléctricas, Oersted, Faraday, Tesla…etc. De paso, se os meus alumnos se dan unha volta por aquí poden xogar un pouco.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*