O carro galego I
Dende fai algún tempo teño a páxina algo abandonada, xusto o mesmo tempo que levo traballando nun novo e interesante proxecto con algúns compañeiros do instituto. Temos constituído un seminario permanente para o estudio do carro galego. Estiven elaborando un debuxo do carro en 3D aquí mostro un adianto do resultado.Como nunca se sabe onde pode aparecer un colaborador deixo aquí un enlace a un cuestionario que estamos a distribuir para recabar información. Se che apetece colaborar podes enviar o cuestionario á dirección de correo: lomba arroba tecnoloxia.com
Ficha cuestionario sobre sobre o carro galego
