Motor eléctrico simple
No vídeo que se mostra a continuación explícase detalladamente a construción dun motor eléctrico simple. Este motor simple é unha práctica ou miniproxecto de electromagnetismo deseñado para 2º ESO.
Os materiais necesarios para construír este motor son:
- Unha pila de petaca (4,5V)
- Un imán de ferrita, neste caso utilízase un imán rectángular.. Pódese substituír por un imán de neodimio.
- Dúas gomas de caucho
- Dous clips
- Fío de cobre esmaltado para bobinar
O custe máximo do proxecto non supera os 2 € sempre que se teña que comprar todo o material.
Con esta práctica trátase o electromagnetismo e as máquinas eléctricas.
