Minibloq en Galego
Gracias a colaboración de Ramón Quiroga Barro, profesor de galego do IES a Sangriña, o entorno gráfico de programación para Arduino, Minibloq, estará en galego a partir da próxima versión.
Dende tecnoloxia.com e dende o IES a Sangriña manifestamos a nosa satisfacción pola modesta colaboración que mantemos co desenvolvemento de Minibloq, para nós é un orgullo que o programa sexa distribuído en galego a partir da próxima versión.
A páxina oficial de Minibloq faise eco da aportación realizada polo profesor Ramón Quiroga.


0 comentarios en «Minibloq en Galego»