Arduino. Exemplo 9: Lectura dun sensor térmico NTC
Montaxe de lectura de datos. Leemos o valor da caída de tensión nun sensor NTC (Negative Temperature Coefficient) e transferimos ese valor ao ordenador por USB para ser visualizado no monitor. O sensor termico NTC, que disminue a súa resistencia ao aumentar a temperatura, modifica o sinal de 5V; este sinal modificado levámolo a entrada analóxica e visualizámolo no monitor. Cando aumentamos a temperatura do termistor, ao disminuir a súa resistencia, aumenta o sinal de entrada por A0. A montaxe dispón dun pulsador de proba que puentea o termistor para observar a entrada máxima, que se corresponde cun binario de 10 bit, 1023 en decimal.
Esta montaxe na que medimos unha variable dependente da temperatura, que se podería realizar de forma máis precisa con un sensor de temperatura LM35, pode servir nunha montaxe máis complexa para accionar un dispositivo (motor, zumbador, led, etc) de alarma ou accionamento que dependa do valor da temperatura.

Esquema:
Porgrama:
/* Exercicio 9: Lectura de datos. Leemos o valor da caída de tensión nunha NTC (sensor térmico Negative
Vídeo:

Deja una respuesta