Constrúe a túa cidade sostible
Estes días vía tecnotic descubrín a última versión do xogo EnerCities. A verdade e que despois de darlle un vistazo quedei encantado con este xogo, tanto, que ata botei algunhas partidas.
Coincidindo co descubrimento do xogo estaba preparando un exame de enerxías renovables para os de 1º de bacharelato e pensei que podería servir perfectamente como actividade complementaria do tema propoñerlle que xogaran un pouco.
Vía aula virtual do IES A Sangriña fíxenlles a proposta de que aqueles que conseguiran unha puntuación superior a 150 terán dereito a un positivo na avaliación e aquel que consiga máis puntuación do curso terá dereito a dous. Para certificar a puntuación será necesario facer unha captura de pantalla ca puntuación final e enviar o arquivo de imaxe a unha actividade proposta na aula virtual
Comeza o xogo…


Deja una respuesta