SPLEEN DO CARRO

 

35

Para cuñas, pau de toxo;

para fungueiros, carballo;

para conserva las verzas

unha mañá de orballo.

(Lugo)

36

O río, cando vai cheo,

leva carballos e follas;

tamén podía levar ...

a cabezalla do carro!

(Velle)
37

O carro anda polo monte

i o arado pola eira,

o caínzo anda gradando

coas vacas na túa leira.

(Santiago)

       

Spleen do carro

O cotián, a vida repetida esixe conformidade ou produce, ás veces, rautos de rebeldía; De cando en cando tolemia ou distanciamento da realidade, puro surrealismo.

1.- Explica a cantiga 35 á luz de quen vive no país do barruzo. Procura algún proverbio ou frase feita que dea conta de que cando as cousas veñen mal é inútil desesperarse.

2.- A cantiga 36 debes explicala supoñendo unha persoa farta de traballar. Ten en conta, a rima.

3.- Por último debes explicar por que Xaquín Lorenzo considera que a cantiga 37 é un disparate humorístico. Explica os traballos agrarios que se describen, os lugares onde se realizan e os aveños con que se fan. Podería ser un xogo infantil do tipo d'As cabras de Xan Barbeiro ou Esta testa testalán? Se non sabes do que se fala visita:

http://www.orellapendella.org/para_alouminhar?page=1

4.- Realiza estes tres caldos de letras sobre formas de chover amodo (sete por caldo) e as de parar de chover (unha por caldo)

Auguiña