O CARRO E O OBSCENO

32

Para cuñas, pau de toxo;

para fungueiros, carballo,

e para as nenas bonitas

a cabezalla do carro.

(toda Galicia)

33

Esta noite ha de chover,

que turra do vendaval;

déixame meter, miniña,

o carro no teu pallal.

(Maía)

34

Maruxiña, Maruxiña,

a do refaixo encarnado,

se te atopo nun camiño

heiche de cargalo carro.

(Lobeira)



Cantigas obscenas e pícaras.

Independentemente da súa brutalidade, neste grupo de cantigas, estendidas por toda Galicia, xógase cos vocábulos e as súas connotacións como xa se facía nas cantigas de burlas medievais. Pódese lembrar a cantiga que sobre/contra a Balteira escribiu Pero da Ponte e na cal se refería á "maeta ferrada" ou outras (esta de Afonso X) nas que se xoga con obscenidades como as que amosan as cantigas populares

Velaquí as cantigas medievais tiradas desta edición:

http://www.culturagalega.org/album/docs/Na%20literatura%20medieval.pdf


 

 

Pero da Ponte

Maria Pérez, a nossa cruzada

quando veo da terra d' Ultramar,

assi veo de pardon carregada

que se non podia con el en erger;

mais furtan-lho, cada u vai maer,

e do perdon já non lhi ficou nada.

E o perdon é cousa mui preçada

e que se devia muit'a guardar;

mais ela non á maeta ferrada

en que o guarde, nena pod'aver,

ca, pois o cadead'en foi perder,

sempr'a maeta andou descadeada.

Tal maeta como será guardade,

pois rapaces albergan no logar,

que non aja seer mui trastornada?

Ca, o logar u eles an poder,

non á pardon que s'i possa asconder,

assi saben trastornar a pousada.

E outra cousa vos quero dizer:

atal pardon ben se dev'a perder,

ca muito foi cousa mal gaa[nha]da

Afonso X o Sabio

Joan Rodríguiz foi osmar a Balteira

sa midida, per que colha sa madeira;

e diss' e[le]: -Se ben queredes fazer,

de tal midid' a devedes a colher,

[assi] e non meor, per nulha maneira.

E disse: - Esta é a madeira certeira,

e, de mais, nôna dei eu a vós sinlheira;

e, pois que s'en compasso á de meter,

atan longa deve toda [de]seer,

[que vaa] per antr'as pernas da ‘scaleira.

A Maior Moniz dei já outra amanha,

e foi-a ela colher logo sen sanha;

a Mari'Aires feze-o logo outro tal,

a Alvela, que andou en Portugal;

e já i a colheron [ê]na montanha.

E diss': -Esta é a midida d'Espanha,

Ca non de Lombardia nen d'Alamanha;

e, por que é grossa, non vos seja mal,

ca delgada pera gata ren non val;

e desto mui mais sei eu ca Abondanha

 


2.- Identifica na parte de tecnoloxía: (Partes do carro) as distintas partes do carro que aparecen na cantiga 34

1.- Desenvolve nun texto de 300 palabras o tema da sociedade patriarcal tradicional, nos ámbitos rurais, fidalgos e pacegos e o arrogado dereito dos homes sobre as mulleres. Podes utilizar os textos anteriores, a información que sobre A Balteira se ofrece neste enderezo: http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=97 e mesmo o seguinte poema de Pondal:

Pilléina antr' os pinos soa,
Alba de medo tornóu;
Quixo fugir, mais non pudo,
(Que sabe que peixe eu son.)

Rogárame de rodillas,
De rodillas me rogóu;
Tembróu como á vara verde,
Q' estremece a virazon.

Cal quen teme ser oída,
Dixo:?Pídocho por Dios...!

¡Estás fresca! lle contesto,
Vénte á min con oracions:

Non solta nunca o raposo,
A galiña que pillóu;
Hastra zugárlle o mel todo,
Non solta a fror o abellon;
Nin á branca e doce pomba,
Larga o montesío azor
. [1]




[1] Eduardo PONDAL: Queixumes dos pinos, Biblioteca Virtual Galega. http://bvg.udc.es/