ÁRDELLE O EIXE
|
14 Árdelle o eixe, árdelle o carro, árdelle o eixe hai que mollalo. Hai que mollalo n´hai máis remedio árdelle o eixe é polo medio.
|
15 Árdelle o carro, árdelle o eixe, árdelle o carro ós de Valeixe. (Valeixe)
|
16 Árdelle o carro, que eu ben o vin; árdelle o carro ós de Marín. (Marín)
|
17 Árdelle o eixe, árdelle o carro, árdelle o eixe ós de Combarro. (Combarro)
|
|
18 Eih, carballeira! Árdelle o eixe! |
|
||
|
19 Pasei pola túa porta, puxéchesme a silva albeira; puxéchesme a silva albeira; arde o eixe, carballeira. (Vilagarcía) |
|
||
Como
consecuencia da fricción das pezas móbiles do carro, o eixe quece e pode chegar
a arder. Deste feito dan conta estas cantigas. A secuencia 18 é realmente un
brado identificador da galeguidade.
1.- Explica nun texto de 150
palabras aproximadamente o proceso connotador que acada o feito de pegar lume
no eixe e identificalo positivamente coa xente dun lugar determinado ou de toda
Galicia.
2.- Compara estas composicións,
na súa rima, medida e estrutura paralelística coas que se refiren ao canto do
carro.
4.- Realiza estes catro caldiños
de letras: de verbos os dous primeiros, de substantivos ou adxectivos os
segundos:
5.- Difícil de interpretar é a
cantiga 19. Xocas cre que o berro é case unha ameaza, quizais é unha expresión
de conformidade ou de desprezo. Cal é o valor de “pór a silva albeira”?. Cres que se pode referir á planta coñecida como
xilbarbeira ou xilbardeira (Ruscus
aculeatus L.)
visita http://www.rios-galegos.com/pla42.htm#Ruscus
aculeatus L. ou infórmate por exemplo utilizando o libro de Xosé Ramón
GARCÍA: Pequena flora de Galicia. Ed.
Follas Novas. Santiago 1979 e aventura unha explicación.