Alarma con Arduino
A partir desta semana empezamos as prácticas de robótica cos alumnos de 4º. Nas nosas prácticas convivirán Arduino e Lego Mindstrom.
Todos sabemos o impresionante que pode resultar para os alumnos Lego fronte a Arduino cando se comenza a traballar con eles. Para compensar esta impresión de desigualdade nada mellor que visualizar un proxecto vistoso de Arduino.
Unha das páxinas de referencia de Arduino en fala hispana é Arduino Academy, nesta páxina podemos acceder a moitos titoriais de proxectos de Arduino para tódolos niveis. Neste caso seleccionamos un proxecto de alarma moi completo. No video de Arduteka móstrase o funcionamento dunha de alarma realizada con Arduino e un módulo 3G/GPRS. A verdade é que resulta un proxecto sinxelo e a vez impresionante.

0 comentarios en «Alarma con Arduino»