A isto chamamos globalización?

En aparencia vivimos nun mundo cada vez máis globalizado. A diario temos moitas mostras disto. Podemos comunicarnos en tempo real con calquera persoa en case calquera lugar do mundo. Podemos acceder a calquera información que se suba a internet no mesmo instante en que se publica. Se nos asomamos a unha das moitas redes sociais que existen, podemos compartir experiencias con miles de persoas…Podemos tamén, mercar, a golpe de clic, calquera ben ou servizo en calquera lugar do planeta. Por todo isto, estes días, moitos clientes dun dos xigantes mundiais do comercio electrónico, «Amazon», están moi indignados, e así o están facendo saber en foros e comentarios en distintas páxinas web, incluída a da empresa a que nos referimos. Como unha imaxe vale máis que mil palabras, na fotografía podemos ver de que falo. O mesmo artigo, a mesma empresa, a mesma moeda o mesmo continente, o mesmo mercado «COMÚN»,  pero unha diferenza de prezo do 38%. O mesmo artigo, da mesma empresa custa, 79 € na páxina en español, 59 € na páxina en italiano, e 49 € na páxina en alemán. Ah, e no único sitio no que hai que pagar os gastos de envío é precisamente en España.
E nós que pensabamos que mercar en internet era mercar no comercio global. Haberá que andar con coidado.

globalizacion?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*