II Xornada Monográfica de APETEGA
Control automático e robótica con Arduíno
O vindeiro 8 de novembro a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia organiza a súa II Xornada Monográfica, que tratará este ano sobre os contidos de control e robótica do currículo de Tecnoloxía, que se abordarán mediante a utilización da controladora Arduino.
A xornada terá lugar no IES Pedra da Auga, de Ponteareas, e basicamente desenvolverase do seguinte xeito.
-
A Xornada será de maña e tarde nunha das aulas de Informática do centro.
-
Realizarase o traballo en grupos de catro persoas axudados pólo poñente.
-
Trátase de instalar o software, conectar a tarxeta, os sensores e actuadores correspondentes e programar.
-
Será un nível básico, apto para persoas non iniciadas, ainda que aquel grupo que asi o considere, poderá ampliar o seu campo de traballo.
A xornada, por motivos organizativos está limitada a 40 persoas. Para máis información podes acudir a páxina da APETEGA

Deja una respuesta