THE SINGNING OF THE CART
The singning of the cart: http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/podcast/?page_id=80
El canto del carro y los materiales
| 1 Se queres que o carro cante bótalle o eixe de bido, as traitoiras de carballo i os croucós de sanguliño. (Esgos) |
2 Si queres que o carro cante como o do noso veciño, bótalle o eixo de loureiro e treitoiras de sanguiño. (Mariñas) |
3 Si queres que o carro cante como o do teu veciño, bótalle o eixe de freixo e as treitoiras de sanguiño. (Melide) |
4 Se queres que o carro cante como a gaita do gaiteiro, ponlle o eixe de freixo i as entortas de amieiro. (Fonfría) |
| 5
Se queres que o carro cante como a gaita do gaiteiro, ponlle o eixe de plata i estreitoiras de amieiro. (Gudiña) |
6 Si queres que o carro cante como o do teu vicín, ponlle o eixe de nogal, treitoiras de sangumín. (Vilachá de Cancelada) |
7 Se queres que o carro cante como a gaita do gaiteiro, bótalle o eixe de bido i as treitoiras de amieiro. (Noceda) |
8 O meu carro pide un eixo, eu non sei de qué botarllo. Bótallo de sabugueiro, cantarache ben o carro. (Ulla) |
Although many people, above all foreigners, (Maior W. Dalrymple, J. Borrow, Dembowski[1], ...) have found the noise that some parts of the cart make when they are rubbed against each other irritating and annoying, in Galician tradition, and not only in the rural areas, carts SING. This singing is a reason for their owner’s pride and satisfaction, probably because a loaded cart suggests abundance.
1º- Identifica na parte de tecnoloxía (Parts of the cart) as pezas do carro que interveñen na produción do seu cantar segundo as cantigas populares recollidas por Xaquín Lorenzo: eixe, treitoiras, coucóns, entortas.
http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index_rag.html
Procura imaxes desas árbores no seguinte enderezo:
http://www.rios-galegos.com/vidario3.htm
3.- Nunha das cantigas propostas utilízase unha figura retórica que a converte en humorística. Identifica a cantiga, a figura e trata de explicalas. Para iso deberás ter en conta as características dalgúns materiais.
Podes usar o libro Arte literaria de Claudio RODRÍGUEZ FER ou algún libro de texto que trate a cuestión das figuras retóricas, tropos, etc.
4.- Realmente todas as cantigas propostas, menos unha, son variantes dunha única. Analiza formalmente calquera delas indicando medida, rima e ritmo.
Si queres que o carro cante _ _´_ _ _´ _ _´ _
como o do teu veciño, _ _ _ _ _´ _ _´_ a
bótalle o eixe de freixo _´_ _ _´ _ _ _´_
e as treitoiras de sanguiño. _ _ _´_ _ _ _´_ a
| Sílabas | ||||||||||
| Versos |
|
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
Distancia |
|
1 |
|
(2) |
|
|
5 |
|
7 |
|
(2)32' |
|
|
2 |
|
|
|
|
5 |
|
7 |
|
52' |
|
|
3 |
|
|
|
(4) |
|
|
7 |
|
(4)3' |
|
|
4 |
|
|
3 |
|
|
|
7 |
|
34' |
|
5.- Establece a voz lírica e quen é o destinatario. Unha delas presenta un esquema distinto; procúraa e explícaa.
Hidratación. O canto do carro por métodos endóxenos.
9
Se queres que o carro cante,
móllalle o eixe no río
e despois de ben mollado
canta como un asubío.
(Ribadeo)
10
Carriño, ti cando cantas
é cando levas máis peso,
e o teu cantar o leva
o ventiño mariñeiro.
11
Si queres que cante o carro,
si queres que o carro cante,
si queres que cante o carro,
a paga págalla diante.
(Ourense)
12
Se queres que o carro cante,
bótalle o eixe de freixo;
se queres que o amor che veña,
dálle talladas de queixo.
(Melide)
Se non se ten oportunidade de cambiar as pezas, sempre se pode facer cantar o carro por outros métodos, tal e como se recolle nas cantigas anteriores.
8.- Explica cales son os métodos alternativos para facer cantar o carro e avanza unha interpretación para cada unha das cantigas.
9.- Entre as anteriores, unha das cantigas, de carácter máis lírico, organízase como un apóstrofe, explícao.
Explica igualmente que connotacións pode ter a cantiga; poderíase interpretar metafórica ou simbolicamente? Indica, de ser o caso, os termos literal e figurado.
10.- Cal pode ser a función das figuras reiterativas ou paralelísticas que se advirten na cantiga 11? Aventura unha explicación. Pódese relacionar con outras formas de expresión popular?
12.- O foco da cantiga 12 xa non se sitúa sobre o canto do carro.Que se considera nela?
13.- A cantiga anterior (12) é antitética coa frase feita "contigo pan e ovo". Redacta un texto
(150 palabra aproximadamente) onde deas conta das ideas que se manexan nos dous
produtos de creación popular
Curiosamente, segundo o progreso ía conformando o territorio como hoxe o coñecemos e as máquinas, carros automóbiles e demais enxeños se ían apoderando das nosas cidades, vilas e aldeas, o renxer do carro foise sentindo como máis molesto, por iso hai quen quere que o carro non cante.
Así o conta un visitante:
(...)Un francés declarou en certa ocasión que os galegos refusan o progreso e hai moitos feitos que apoian esta opinión, inda que non sexa a verdadeira, xa que o preservar o que se demostrou excelente non implica rexeitamento do progreso. O galego acaróase ao seu primitivo carro de bois, con forma de barca ou espoleta, con rodas de madeira sólidas e sen radios, que non dan voltas sobre o eixe, teñen medias lúas, en recordo do culto primitivo á lúa, e chían e xemen dunha maneira tan abouxante que, cando pasan polas vilas, os paisanos son obrigados pola lei a silenciar as rodas con xabón, debido a que están soamente adaptadas para os camiños difíciles e pedrallentos da montaña (congostras); e o arado de madeira, só con ferro na punta, acáelles moi ben aos solos lixeiros e pouco fondos de moitas zonas.
Aubrey F.G. BELL : Galica vista por un inglés La Voz de Galicia, 2005 Páxina 22 e 23
E así o recolle a nosa lírica popular:
13
Si qués que o carro non cante,
miña prima Manoela,
si qués que o carro non cante,
bótalle sebo coa vela.
(Coruña)
14.- Podería agachar algún significado oculto esta composición número 13? Explícao.
[1] X. LORENZO FERNÁNDEZ: O carro no folclore de Galicia. Museo do Pobo Galego, Santiago 2003