CARTS AS ADVISERS

38

Pobres vaquiñas miñas

se o meu coidado

como pesa na ialma

pesar no carro!

(Maía)

39

Os bois i o carro perdeches:

foiche de tanto beber;

mal lle vai á cabezalla

se a chavella se perder!

(Elviña)

40

Sea pola volta,

sea polo atallo,

nunca perdas

o camiño do carro.

(Muros)
41

Cando poño os bois ó carro,

sempre digo: Dios delante!

Coa aguillada na man,

anda, gallardo, pra diante!

42

Dicen que fas como os carros,

que nonos untando cantan;

heite de untar, así eu medre,

pero ha de ser coa aguillada!

43

De madeira de cacique

teño de facer un carro;

as rodas de pregoeiro,

estadullos de escribano

Reflexións filosóficas e consellos morais

1.- Realiza unha análise temática das cantigas 38-41. Deberías indicar que reflexións se fan e sobre que; sinalar o punto de vista e o destinatario; a intencionalidade e o sistema de valores subxacente.

2.-Que cres que condena a cantiga 42? Trata de facer unha posible interpretación a partir de chaves como: canto, ledicia, mocidade, despreocupación; Seriedade, madureza, traballo, mal xorne.

3.- Redacta un escrito de 150 palabras sobre a represión paterna na sociedade tradicional e o emprego do castigo físico. Alternativamente escribe unha historia de ficción que teña como conclusión a cantiga 42.

4.- As cantigas populares dan conta das desconfianzas seculares cos poderes establecidos. Explica isto tendo en conta ademais da cantiga 43 estoutras dúas, das que existen variantes como a que achegamos aquí, que seica é peruana:

"Un escribano y un gato en un pozo se cayeron; como los dos tenían uñas por la pared se subieron."


   

 


 

   

O galo con tantas prumas

nunca se pudo manter,

un escribano con unha

mantén fillos e muller.

 

Un gato c-un esquirbano

cairon xuntos no pozo

e como os dous tiñan uñas

rabuñáronse o pescozo.

 

 


Podes afondar na cuestión da desconfianza das institucións lendo este traballo:

 

http://www.galeguizargalicia.com/archivos_editor/file/Martinez%20Risco.pdf

5.- Como complemento da actividade anterior, le o texto que vén a seguir e realiza as seguintes tarefas:

a.- Tema. Clasificación temática dentro da literatura popular.

b.- Argumento

c.- Personaxes e caracterización

d.- Punto de vista narrativo

e.- espazo e tempo

d.- A astucia popular vs a astucia do instruído e/ou representante das institucións. Indaga se na literatura popular o desenlace é sempre coma este. Narra sucintamente algún conto que teñas lido ou que che teñan contado que teña algunha relación co que se pregunta.

e.- Como é a Galicia que se desprende do conto recollido por Carré. Foi recollido nun espazo rural, como é (era) Elviña (sitúao no mapa)

 

A VELLA E O ESCRIBÁN

Nunha vila pequecha había unha vella que tiña unha tendiña de cacharros diante da porta, e un día, pola mañán, o can dun seu veciño que era escribán, tripou polos cacharros e fendeu os máis deles.

A muller primeiro quixo berrar, mais viulle a tempo o trasacordo e daquela calou, non dixo ren, mirou as olas e pucheiros rotos, recolleu os cachos e botou as súas contas. Pola tarde foise, e petou na porta do veciño:

-¿Hai licencia? -dixo.

O escribán que estaba a riscar nunha folla de papel, sen deixa-lo seu traballo contestou:

-Pase, pase -e cando viu á muller cabo de si preguntoulle:

-E logo, ¿que é o que a trai por esta casa, señora?

-Señor, eu sonlle unha probe, ben o sabe; non teño outros bés que unha tendiña de cacharros diante da porta. -Ben o sei, ¿e que?

-Pois mire, señor, eu, como son unha probe, teño que mirare moito polas miñas cousas.

-Boeno, déixate de andrómenas.

-Pois, eu viña, porque, tívenlle un grande derramo na miña tendiña, e, cavilando, cavilando, lembreime de vostede, e dixen: «o señor escriban é moito home de ben, e o señor escribán é home moi sabido; se o señor escribán quixera de me valer, a el pouco caro lle costaba", e daquela, pois viñen xunta vostede pra se me axudara, a min fíxome un mal un veciño, e eu quería saber se me valería a xustiza.

-E, ¿o teu veciño ten bés, ten con que responder?

-Ai, ten, señor, e mais ben que ten, así Deus me salve.

-Pois a ver, conta, muller, conta. -Élle pouca cousa, señor, mais pra min que son probe, xa se sabe, supón moito. a meu viciño ten un can; e o can de meu viciño vaime sempre á cociña por mor de larpar algunha cousa, e hoxe cando o vin tireille un pau aos rebolazos e deille no lornbo, e ao fuxir, tripoume as olas da tendiña e fendeu as máis delas, moitos cachiños fixo, probe de min, foille unha estragueira ...

-¡Uuuuh!

-Agora xa sabe a que viña, señor; teño dereito a lle pedir ao meu veciño os cartos das olas, ¿non si?, e se non os quer dar ¿podereino meter na xustiza?

-Si, muller, si. -E daquela, ¿como hei facer pra non perde-lo dereito?

-¿Ti dixécheslle algo?

-Non, inda non lle dixen cousa.

-Pois daquela, vaite xunta del, disllo, e se non che quer pagar, veste de contado onda min.

-Ben está, si señor; e, mire, agora dicireillo.

-Si, muller, si, dillo.

-É que o can ... era o de vostede.

-¡Aaaah ! -fixo o escribán- ¿e canto é que valían os pucheiros?

-Valíanlle dous pesos, de non ser máis, señor. o escribán abriu o queixón da mesa e tirou os dous pesos que lle deu á veciña, e díxolle:

-: Quedamos pagos?

-Quedamos, si señor, moitas gracias, vaia pola i-alma dos seus difuntiños -e foise a vella, mais, cando ía pasar da porta pra fóra díxolle o escribán:

-¡Oieu, señoral, esqueceume unha cousiña, veña acó -e can do a vella voltou engadiu el: -«¿E vostede non sabe que os escribás non lle andamos de balde, que tamén cobramos por traballar? Vostede vais e, e a Dios; non, señora, non lle é por aí ¿sabe?, agora chegoume a min: ten que me deixar tres pesiños pola «consulta".

[Carré, nQ 5l. Rec. en Elviña)

6.- Indica as formas verbais que aparecen nas cantigas desta unidade. Que valores expresan? Conxuga en todas as persoas o tempo en que aparece cada forma. Constrúe tres frases que conteñan un infinitivo persoal e outras tres que conteñan un futuro de subxuntivo, todas elas con verbos irregulares.