Un día en A Guarda. Un xogo con RPG Maker

fotograma vídeo promocionalO software RPG Maker é unha aplicación para a creación de xogos de rol en 2D que se basea na utilización de elementos predeseñados para elaborar os nosos programas. Poderíamos dicir que é unha aplicación de programación por bloques predefinidos.

Na aplicación, ademais de utilizar os bloques predefinidos, o deseñador pode crear os seus propios mapas partindo de unidades gráficas que veñen incorporadas  (tiles) ou deseñando as súas propias. O programador pode crear liñas de código ou scripts nunha linguaxe baseada en Ruby. Tamén se pode incorporar vídeo directamente no xogo.

Existen distintas comunidades RPG Maker na rede que organizan eventos, foros, publican os seus scripts e póñenos a disposición dos usuarios, crean titoriais, publican recursos gráficos, etc.

O autor do xogo «Un día en A Guarda»,  Néstor Lomba, un alumno de 2º da ESO,  informa na súa páxina web redcreando.es das súas características técnicas. Ten máis de 35 personaxes e máis de 200 obxectos tales como portas, cofres, carteis interactivos, etc. Ten efectos atmosféricos, choiva, tormenta e neve, que aparecen de forma aleatoria. Ten un sistema de batalla e manexo de ferramentas en tempo real co seu correspondente menú de equipamento. O xogo e os escenarios están baseados na Vila da Guarda (Pontevedra). No xogo tamén se incorporan fragmentos de vídeo realizados co programa Muvizu, que permite crear vídeos de animación en 3D.

Descarga do xogo.

Felicidades a Néstor polo seu gran traballo e o magnífico vídeo promocional.

Etiquetado con: , , , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*