A hora do código.

a hora do códigoNa semana do 9 ao 15 de decembro celébrase a nivel mundial o evento «a hora do código». O obxectivo é que persoas de todo o mundo dediquen unha hora, durante esa semana, a programar. A idea paréceme fantástica. Pode ser unha desculpa perfecta para que moitos estudantes de ensino medio, sobre todo os máis novos, teñan o seu primeiro contacto coa programación. En tecnoloxía traballamos a programación en 4º ESO, pero este ano, aproveitando este evento, farei unha introdución a programación con todos os meus alumnos.

A documentación e as actividades que nos ofrecen os organizadores son moi completas e accesibles. Será un pracer participar na nora do código. Coma un xogo.

Os participantes que completen unha hora adicada a programación durante esta semana recibirán un diploma personalizado..

Hai linguaxes, plataformas e retos para tódolos gustos. Nono dubides curiosea e participa.

http://code.org/

http://csedweek.org/

Etiquetado con: , ,
Un comentario en “A hora do código.
  1. Antonio Lomba dice:

    Moi boa iniciativa esta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*