Experiencias magnéticas

Nas XII Xornadas de Tecnoloxía organizadas pola APETEGA (asociación de profesores de tecnoloxía de Galicia) tiven o pracer de impartir un obradoiro de magnetismo e electromagnetismo. Este obradoiro serviume para recuperar algúns traballos que tiña feitos e preparar outros que tiña ganas de facer dende facía tempo. Tiven tamén a inestimable colaboración dun alumno de 2º de bacharelato, Manuel Rodríguez Vicente, que me prestou algúns dos seus experimentos.

Agora, como complemento a aquel obradoiro, publico a documentación das experiencias que se realizaron nel  e un breve vídeo no que se visualizan ditas experiencias.

DOCUMENTACIÓN

Quero indicar que todos estes experimentos son para a aula. Ben de forma demostrativa, para explicar algún principio ou concepto, ou ben para construílos como prácticas e proxectos. En calquera dos dous casos, pero sobre todo cando se trata de traballos prácticos, resultan moi motivadores para os alumnos que se implican totalmente na súa realización. Será porque teñen algo de máxicos.

Etiquetado con: , , , , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*