Un reto para 2º ESO

No tema de estruturas en 2º ESO, propuxen un reto aos alumnos e alumnas.

Deseñar e construír unha estrutura que soportara unha carga de 1,5 kgf durante 20 segundos e que tivera unha altura mínima de 20 cm. Para facelo máis equilibrado e competitivo a carga era para todos a mesma, unha botella de auga de 1,5 l da marca Mondariz (facendo publicidade dos produtos da terra). A estrutura tiña que ser estable, o tempo de colocar a carga enriba da estrutura estaba limitado a 30 segundos.

Ata aquí todo parece fácil pero convertemos a actividade nunha competición cun gañador. O gañador sería aquel que fixese a estrutura máis lixeira.

Na fotografía vense os deseños que realizaron os alumnos e alumnas. Está tomada xusto antes dos ensaios e a pesada.

¿Quen se atreve a dicir quen foi a estrutura gañadora e canto pesaba?

A próxima publicación será un vídeo cos ensaios de tódalas estruturas.

estruturas lixeiras

 

Etiquetado con: , , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*