FOTOGRAFIANDO A LÚA

Non pretendo crear un manual ou titorial, simplemente contar a miña experiencia de éxito, e digo de éxito porque ao final conseguín o que pretendía, tirar unha foto da lúa que me resultase satisfactoria e que puxese a proba o meu equipo.

Aínda quedan por probar algunhas cousas para intentar mellorar o resultado, por exemplo, o uso dun trípode, o manexo dun disparador remoto, ou aproveitar unha desas superlúas que aparecen de cando en vez, tamén se pode mellorar o equipo, pero iso é máis difícil.

Equipo e regulacións.

A cámara utilizada foi unha Nikon D5100 e un obxectivo zoom VR55-200 F/4-5,6G. A distancia focal foron 200 mm, había que aproveitar o zoom ao máximo, e o enfoque automático a un punto único.

En canto a exposición, fixen varias probas con resultados moi similares, variando a apertura do diafragma e a velocidade, sempre co dial en posición manual (M). En concreto a fotografía que ilustra este post, está feita con un diafragma F/8, unha velocidade de 1/800 s, unha sensibilidade ISO 100 e sen usar trípode.

O tamaño da imaxe é o máis grande que permite a cámara e o formato do arquivo é RAW (.NEF), para poder axustar con posterioridade algúns parámetros no ordenador.

Os axustes posteriores que fixen no ordenador foron, unha compensación da exposición de +0,7 EV e un incremento da nitidez de 1 punto.

Para rematar comentar que a foto foi tirada á 1:38 da madrugada dunha notite moi clara, cando a lúa se atopaba no alto do ceo.

lua de setembro

Etiquetado con: , , , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*