O coñecemento dos materiais está cambiando o mundo.

Moitos dos cambios e evolucións tecnolóxicas que se están producindo en xeral na nosa vida cotiá e en concreto no mundo tecnolóxico están intimamente ligados a utilización de novos materiais, materiais de deseño que, gracias a propiedades moi concretas, permiten realizar tarefas ou fabricar obxectos que parecían incribles ata non fai moito tempo.

Esta semana por distintas vías tiven coñecemento de dous descubrimentos moi interesantes relacionados con novos materiais. Os dous teñen que ver co Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT).

O primeiro descubrimento refírese ao grafeno, ese novo material que non deixa de sorprendernos a medida que imos coñecendo as súas propiedades tanto mecánicas como eléctricas. Resulta que o grafeno xenera electricidade cando é alcanzado pola luz. Este descubrimento realizado polo equipo do investigador Pablo Jarillo-Herrero podería dar lugar a unha nova forma de xerar electricidade a partir da luz solar.

vía www.meneame.net/

Pablo Jarillo

O segundo descubrimento, que tamén ten que ver coa xeración de enerxía eléctrica a partir da luz solar, é o dun novo material que imita o funcionamento das follas dos vexetais cando incide sobre el a luz do sol. Este descubrimento foi presentado polo químico Daniel Noceda. A "folla" artificial está fabricada, entre outros, por silicio, níquel e cobalto. Cando se sumerxe en auga produce unha reacción química ó incidir sobre ela a luz solar e empeza a producir burbullas separadas de osíxeno e hidróxeno, realizando un proceso de fotosíntese. Este fenómeno pode aplicarse para a xeración de electricidade. Segundo Noceda, unha folla dun metro cadrado bañada en auga podería abastecer a un fogar de tamaño medio dun país como India, onte ten previsto probar o seu invento a gran escala.

vía vgomez.blogia.com/

noticia orixinal (MIT)

folla artificial

Etiquetado con: , , , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*