Animación+Simulación

O impactante vídeo que se presenta a continuación xoga cos conceptos de animación e simulación tal e como os explico nas miñas clases. Cóntolle aos meus alumnos que a animación consiste en facer que unha serie de imaxes dean a sensación de movemento, na maoría dos casos, con fins artísticos ou de entretemento, temos un claro exemplo nos debuxos animados. Mentres que a simulación consiste en imitar modelos reais para observar e/ou mostrar o seu comportamento, por exemplo é o que facemos cando simulamos o funcionamento dun circuíto eléctrico ou os movementos dun robot na superficie de Marte.

No caso do vídeo vemos que mostran reparacións médicas reais en traumatoloxía sobre un personaxe animado nunha historia de animación. Unha xenialidade.

Por certo, colgo o vídeo na páxina por suxerencia dos alumnos de 2º da ESO que quedaron encantados de que llelo mostrara o último día de curso.

Etiquetado con: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*