¿Canto consumen os fluorescentes ao acender?

Grafica de consumo dun fluorescente no acendido

Está moi estendida a idea de que os tubos fluorescentes consumen moito máis ao apagalos e acendelos que ao mantelos acendidos. Coa idea de realizar un ensaio para valorar o tempo que podería compensar deixar acendidos os fluorescentes, que eu estimaba que como máximo podían ser uns poucos segundos, fixen unha enquisa informal. Levei unha gran sorpresa coa a maioría das respostas, a opinión xeneraliza é que compensa ter os fluorescentes acendidos entre 20 minutos e 1 hora antes de apagalos a acendelos.

Constatar estas opinións tan desproporcionadas e a preocupación, cada vez máis estendida, polo aforro enerxético animáronme a realizar o ensaio, para o que contei con algo de colaboración dos alumnos de 4º de secundaria.

O ensaio consistiu tomar datos cunha pinza amperimétrica da intensidade de corrente que se consume nas distintas fases do proceso de acendido nunha instalación real de 24 tubos de 18W á vez que se rexistra a tensión da rede. Para conseguir rexistrar os datos que aporta o amperímetro realizouse a gravación en vídeo de 10 acendidos, isto permitiu tomar 25 mostras por segundo, unha por fotograma. O principal inconveniente presentouse pola falta de precisión do aparello de medida, unha pinza amperimétrica dixital cunha precisión de 0,1 A.

A gráfica que se mostra indica a evolución do consumo eléctrico nas distintas fases do acendido. Dela podemos tirar a conclusión de que os fluorescentes consumen menos cando se acenden que no seu funcionamento permanente. O único inconveniente que presenta apagar e acender os tubos é a influencia negativa que isto pode ter na súa vida útil.

Etiquetado con: , , , , , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*