Tupperware Turret Airsoft Gun
Fai un meses varios profesores intercambiabamos en http://grou.ps/tecnoprofes información sobre páxinas relacionadas coa tecnoloxía en inglés. Xa compartín alí un enlace que me enviou esta tarde por correo Chris, a autora do proxecto que aparece no seguinte enlace, pero creo que o proxecto e a páxina son tan interesantes que vale a pena citalos tamén aquí.
http://www.pyroelectro.com/projects/tupperware_turret_airsoft_gun/
Como podedes ver é un interesante exercicio de robótica para construír un xoguete que se podería chamar "Un canon no taper". A verdade que a documentación que acompaña ao proxecto é moi interesante e completa. Os demais proxectos que aparecen na páxina son tamén moi interesantes e están moi ben explicados e documentados, vale a pena darlle un vistazo.
Deja una respuesta