Localizatodo.com

localización dun barcoLevo un intre conectado a unha páxina que me acaban de recomendar, chámase localizatodo.com. Estou esperando a que pase por diante do porto da Guarda (Pontevedra) o barco chipriota ELBMARSCH de 127 m de eslora que fai un instante estaba saíndo do porto de Vigo rumbo a Leixoes. Cando vexo na páxina que está a altura do porto da Guarda, asómome pola ventá e…non podo deixar de sorprenderme, o barco está ahí, frente a miña casa. Marabillosa esta aplicación en liña para localizar barcos, avións e outros tipo de dispositivos que teñan GPS. Absolutamente recomendable para curiosos e para as clases de Xeografía.
 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*