Arduino. Exemplo 9: Lectura dun sensor térmico NTC

Montaxe de lectura de datos. Leemos o valor da caída de tensión nun sensor NTC (Negative Temperature Coefficient) e transferimos ese valor ao ordenador por USB para ser visualizado no monitor. O sensor termico NTC, que disminue a súa resistencia ao aumentar a temperatura, modifica o sinal de 5V; este sinal modificado levámolo a entrada analóxica e visualizámolo no monitor. Cando aumentamos a temperatura do termistor, ao disminuir a súa resistencia, aumenta o sinal de entrada por A0. A montaxe dispón dun pulsador de proba que puentea o termistor para observar a entrada máxima, que se corresponde cun binario de 10 bit, 1023 en decimal.

Esta montaxe na que medimos unha variable dependente da temperatura, que se podería realizar de forma máis precisa con un sensor de temperatura LM35, pode servir nunha montaxe máis complexa para accionar un dispositivo (motor, zumbador, led, etc) de alarma ou accionamento que dependa do valor da temperatura.

lectura dun sensor térmico

 


Esquema:

esquema lectura sensor termico


Porgrama:

/* Exercicio 9: Lectura de datos. Leemos o valor da caída de tensión nunha NTC (sensor térmico Negative

Temperature Coefficient) e transferimos ese valor ao ordenador por USB */
int valorntc; // valor é o mome da variable que imos a leer e escribir na pantalla
void setup()                    // Declaración inicial
{
  Serial.begin(9600);    // Velocidad de comunicación de datos da placa ao ordenador velocidade standard 
}
void loop()                     // ordenes que se executan de forma cíclica
{
valorntc=analogRead (0);  // leemos o valor da entrada analóxica 0 (valor da V a saída do ldr)
Serial.println(valorntc);  //Sacamos por pantalla o valor leido que será un valor equivalente de V
delay(500);    //esperamos medio segundo entre valor e valor
 }
/* A entrada analóxica dispon de 10 bit para representar o valor máxino, logo valor máximo será 1023
e produciríase cando a resistencia do sensor térmico fora 0, ou no caso de que ponteáramos ese sensor*/

Vídeo:

Etiquetado con: , , , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*