Arduino

Dende que se celebrou  a II xornada monográfica da APETEGA (Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia), titulada: “Control automático e robótica con Arduino”, tiña pendente a organización da documentación e elaboración de documentación adicional das prácticas que alí se fixeron. Vexo necesario afrontar o repaso daquelas xornadas e documentar as prácticas feitas para converter a experiencia adquirida daquela nun recurso didáctico para os alumnos de 4º da ESO.
En próximas xornadas publicarei unha serie de exemplos prácticos realizados coa controladora Arduino e outra información de interés que servan para elaborar unha unidade didáctica de control e robótica.
As prácticas están realizadas cunha controladora chamada Arduclema, unha placa basada en Arduino diecemila con un micro ATMEGA 168.
Para empezar a usar Arduino en Windows podemos seguir as instruccións que se dan na páxina web da controladora http://arduino.cc/es/Guide/Windows

Ademais da guía de instalación e utilización de Arduino, na páxina web oficial podemos atopar toda a documentación necesaria para converternos en usuarios avanzados desta controladora, exemplos, sitios para comprar, manual de programación, foro, etc.
Comentar que a hora de instalar os drivers da placa para identificar o porto usb en windows 7, que é o sistema operativo que estou usando, non se descargaron automáticamente como dice na na web oficial, foi necesario descargalos da páxina FTDI chip .
Para a elaboración da documentación dos exemplos utizaronse os seguintes programas:
Software de Arduino. Para escribir os programas e envialos a placa
Fritzing. Para elaborar os esquemas nas súas diferentes vistas, protoboard, esquemas e PCB
Ardulab. Laboratorio virtual de experimentación con Arduino
Etiquetado con: , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*