A Xunta de Galicia desmantela Mancomún

Mancomún, software libre en galegoSegundo a axencia de noticias Europa press e xornal.com a Xunta de Galicia pretende o desmantelamento de Mancomún. A noticia fala por si mesma, cada vez quedan menos dúbidas sobre a política de “austeridade“  do PP. Contratos millonarios parra adquisición de licencias de software privativo, sobre todo de windows. Destrución do proxecto de gratuidade dos libros de texto, beneficiando as editoriais que verán como a partir de agora os galegos teñen que volver a comprar libros cada ano, aumentando así os seus ingresos. E agora desmantelamento de Mancomún, o que significa, segundo as fontes mencionadas, perda de 2 millóns de euros.
E ben triste que o Partido Popular do Sr. Feijoo acabe cun dos proxectos tecnolóxicos máis interesantes que se estaban a levar a cabo en Galicia. Este tipo de proxectos estaban a situar a Galicia no mapa español das TICs. Con estas políticas voltaremos ao último lugar nas estadísticas relacionadas cas novas tecnoloxías ou desapareceremos delas.
Non podo expresar aquí, por educación, o que penso sobre estas políticas vellas e caducas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*