Códigos de cores das resistencias

Sei que debe haber moitas aplicacións en liña para obter o valor das resistencias a partir dos seus códigos de cores. Nesta ocasión quero facer publicidade dunha delas porque fai un rato tiña que correxir uns traballiños de 2º de bacharelato de electrotecnia e atopei esta sinxela pero efectiva aplicación que  me foi moi útil para facer a corrección moito máis rápido.
Agradezo ao autor da aplicación o seu traballo e déixovos o enlace por se algún día tedes necesidade desta aplicación.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*