Batáns de Mosquetín

No concello de Vimianzo, en Coruña, no lugar de Mosquetín a veira do río Grande, atopamos un interesante conxunto etnográfico de máquinas hidráulicas tradicionais formado por muíños e Batáns que data do século XVIII. Os batáns de Mosquetín, restaurados na actualidade, son dos que mellor se conservaron e teñen dúas características que os faen especiais, están dentro dunha edificación e o conxunto está formado por 3 máquinas (normalmente atopámolos illados).
Este filme foi extraído do traballo “A auga. Aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial”. Máis información en:
http://centros.edu.xunta.es/iesasangrina/auga/auga/tecnoloxia/batan/batan1_menu.htm

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*