Congreso Nacional Internet en el Aula

Do 26 ao 28 de xuño celébrase simultaneamente en Barcelona, Madrid, Santander e Granada a fase presencial do Congreso Internet en el Aula.  O equivalente virutal deste congreso celébrase na rede dende o 1 de abril ata o 30 de outubro.
Como participante na fase virtual deste congreso enviei duas contribucións: Mecanismos e A auga. Aproveitamento enerxético na Galica preindustrial.
Propuxen a organización participar con estas contribucións como ponente na fase presencial na sede de Santander, estimaron que eran duas ponencias interesantes e invitaronme a participar, ao que accedín con moito gusto.
O venres día 27 de 9:00 a 9:30 farei a primeira exposición,  A auga. Aproveitamento enerxético na Galica preindustrial e o sábado de 10:00 a 10:30 falarei sobre o recurso Mecanismos.
En próximas datas facilitarei un enlace para acceder ao texto das propostas que se tratarán no congreso. Tedes o enlace aos recursos didácticos mencionados nesta mesma páxina.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*