Icosaedro estrellado modelado con 123D Catch

«d3mobile.es metrology league» é un campionato de España de modelado 3D de precisión con móbil para estudantes de 4º da ESO e bacharelato. A competición está organizada pola USC e o grupo de investigación USCAN3D.

O principal obxectivo desta competición e estimular a capacidade investigadora dos estudantes de secundaria, neste caso, traballando coa técnica de fotogrametría básica que permite facer modelos tridimensionais partindo de fotografías.

A aplicación utilizada para realizar o modelado de obxectos a partir de fotografías é o software gratuíto Autodesk 123D Catch que se pode descargar directamente da web.

Un grupo de alumnos de 4º ESO do IES A Sangriña estivo participando nesta competición ao longo do curso. No vídeo que se mostra a continuación pódese ver o resultado dunha das probas realizadas, que consistía na modelización e creación dun vídeo dun obxecto de libre elección.

Etiquetado con: , , , , , ,
0 Comentarios en “Icosaedro estrellado modelado con 123D Catch
1 Pings/Trackbacks para "Icosaedro estrellado modelado con 123D Catch"
  1. Technology Planet – Metrology !! Ironspike the World League¡¡ dice:

    […] Icosaedro starry modeling 123D Catch […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*